BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


MARÍA VINYALS, A MULLER DO PORVIR [Edición en galego]

Sete vidas baixo a sombra dun castelo

Diego Piay Augusto


Esta obra é o resultado dunha profunda e rigorosa investigación, con numeroso material inédito (documental, gráfico e de testemuñas orais), sobre a apaixonante historia vital de María Vinyals y Ferrés, nacida en 1875 no Castelo de Soutomaior (Pontevedra).

María Vinyals medrou no seo dunha familia acomodada, acumulou intensas experiencias e acabou converténdose nunha prolixa escritora, unha pioneira do feminismo e unha muller preocupada pola sociedade que a rodeaba.

Na súa vida privada rebelaríase contra o desencanto dun matrimonio desgraciado. Co seu segundo marido –o médico cubano Enrique Lluria–, compartiría ideais políticos e sociais, e xuntos chegarían a fundar, en 1910, un gran sanatorio, no vello teatro do propio Castelo de Soutomaior. Fixaron aquí a súa residencia xunto aos seus cinco fillos; catro procedían de matrimonios precedentes.

En 1917, afogados polas débedas e marxinados polos seus ideais políticos, María Vinyals e Enrique Lluria abandonarían para sempre o Castelo de Soutomaior. Foi entón cando os seus camiños, e os dos seus fillos Antonio, Enrique, Emilia, María Teresa y Roger, tomarían diferentes rumbos e nunca volverían a atoparse.

O presente ensaio histórico (publicado en tres idiomas: galego, castelán e inglés) repasa estas sete vidas que medraron baixo a sombra dun castelo. Desde esta impresionante fortaleza medieval, que hoxe é patrimonio público, propiedade da Deputación de Pontevedra, Diego Piay viaxa máis alá dos seus límites e das súas ameas, máis alá de Pontevedra, Galicia… ou Europa.

Esta historia xestouse tras as robustas murallas do castelo e agora, moitos anos despois, regresa ao lugar onde todo comezou.

* Ver edición en castellano

*See english edition



PDF [Ficha + nota de prensa]

English review

O autor/a

O autor/a

Diego Piay Augusto (Pontevedra, 1979) é licenciado en Historia coas especialidades de Arqueoloxía e Historia Antiga. É profesor de Historia Antiga na Universidade de Oviedo e traballa así mesmo como arqueólogo desde hai máis de vinte anos. Deste xeito, dirixiu intervencións ou participou en escavacións emblemáticas como Pompeia ou Piazza Armerina. É autor do libro Prisciliano. Vida y muerte de un disidente en el amanecer del Imperio Cristiano (2018), materia sobre a que, logo de máis de quince anos de investigación, se doutorou en 2016 na Universidade de Santiago de Compostela coa
cualificación de sobresaínte cum laude e recibiu o premio especial de doutoramento.
Da súa actividade como investigador dan conta ademais numerosos artigos publicados en revistas nacionais e internacionais, nos que as fontes arqueolóxicas tiveron sempre un papel protagonista.
Nesta obra, María Vinyals, a muller do porvir, Diego Piay afástase das súas inquietudes históricas e científicas habituais para achegarlle ao público os resultados dunha profunda investigación que naceu ao abeiro do Proxecto de Musealización do Castelo de Soutomaior, promovido pola Deputación de Pontevedra, durante a cal se indagou sobre a historia da fortaleza e, en especial, dunha das súas propietarias máis ilustres, María Vinyals y Ferrés.


Revista de Prensa

12-12-2019 Sermos Galiza O historiador Diego Piay dá a coñecer o legado inédito de María Vinyals

11-12-2019 La Voz de Galicia-Edición Vigo La verdadera historia de la burguesa María Vinyals...

10-12-2019 Atlántico Diario Entrevista a Diego Piay.

10-12-2019 La Voz de Galicia Un inédito de Castelao.

09-12-2019 Radio Galega-Diario Cultural Entrevista a Diego Piay.

06-12-2019 La Voz de Galicia María Vinyals, señora do castelo de Soutomaior...






Ver portada en alta resolución

PREZO: 20,00 €





Formato: 23,5 x 15,5 cms, 248 pp. ISBN galego 978-84-16460-70-0 ISBN castelán 978-84-16460-69-4 ISBN inglés 978-84-16460-71-7

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


POEMAS DEL DIEZ DE MARZO
Prezo: 17 €
GALLEIRA PASSPORT
Prezo: 19 €
Á PROCURA DA POESÍA
Prezo: 24 €
O castelo de Soutomaior [Ed. en galego]
Prezo: 20 €

María Vinyals, the woman of the future [English Edition]
Prezo: 20 €
¿A qué altura está el cielo? [1ª edición en castelán]
Prezo: 18,5 €
El Castillo de Soutomaior [Ed. en castelán]
Prezo: 20 €
… E OS DOMINGOS, UN CROISSANT
Prezo: 13,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.