BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


QUERO SER PRESIDENTE

Claves da comunicación política

Xosé Rúas Araújo

TODO SOBRE AS CAMPAÑAS ELECTORAIS, OS CANDIDATOS E AS SÚAS ESTRATEXIAS

Xosé Rúas utiliza neste libro a súa dilatada traxectoria como xornalista, columnista, profesor, investigador universitario e asesor de comunicación política, para achegarnos, nun ton didáctico e ameno, enriquecido por constantes anécdotas e notas de humor, as claves teóricas e técnicas da propaganda e do marketing electoral. Escrito por un experto teórico e profesional galego de referencia, Quero ser presidente. Claves da comunicación electoral ha marcar un antes e un despois nas estratexias electorais empregadas no noso país. Resultará imprescindible e mesmo revelador para calquera especialista ou curioso por coñecer un pouco máis o apaixonante mundo que se agocha detrás de cada campaña electoral. A OPINIÓN DOS EXPERTOS “O libro de Xosé Rúas está cheo de intelixencia práctica e ha ser unha lectura obrigada para calquera que guste do máxico mundo electoral, onde flúen os intereses e os soños, a democracia e o desexo. Unha boa entrega á bibliografía galega sobre comunicación política e unha proposta de debate sobre os procesos electorais e todo o que vai con eles”. Fermín Bouza Catedrático de Opinión Pública da Universidad Complutense de Madrid (UCM) “Descubre unha dimensión descoñecida da política e das campañas electorais que todo votante debería coñecer”. Pere Oriol Costa Catedrático de Comunicación Política da Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) “Directas, divertidas, útiles, reais e prácticas, creo que estas Claves de Xosé Rúas constitúen agora o máis actualizado consello para candidatos que queren gañar”. Luis Arroyo Experto en comunicación política e asesor do Gobierno de España.

O autor/a

O autor/a

Á parte dos seus artigos e conferencias sobre comunicación electoral e público-institucional, publicados en diversos congresos e revistas de ámbito académico, Xosé Rúas Araújo (Vilarnaz-Coles, 1970) é coautor, entre outros, dos libros Cómo gañar ou perder unhas eleccións (2004) e Información, opinión e propaganda na prensa galega durante as primeiras eleccións da democracia (2006). Nas eleccións municipais de maio de 2007 asesorou en materia de comunicación os candidatos dunha cidade e dúas vilas galegas.Os tres resultaron elixidos.


Revista de Prensa

Atlántico Diario, 05/03/2008 El Correo Gallego, 01/03/2008 Faro de Vigo, 01/03/2008 Galicia Hoxe, 01/03/2008 La Región, 01/03/2008 La Voz de Galicia, Edición Pontevedra, 01/03/2008




<i>Quero ser presidente</i> preséntase na Feira do Libro de Ourense 31/05/2008
. Quero ser presidente preséntase na Feira do Libro de Ourense
<i>Quero ser Presidente</i> preséntase na Facultade de CC Sociais e da Comunicación de Pontevedra 29/02/2008
. Quero ser Presidente preséntase na Facultade de CC Sociais e da Comunicación de Pontevedra


PREZO: 5,90 €





ISBN: 978-84-89323-22-3 Páxinas: 198 Medidas: 13 x 23 cms Idioma: Galego Encadernación: Tapa branda con lapelas, plastificada Primeira edición: Febreiro 2008 OFERTA: 5,90 € Colección: Oeste [divulgación&ensaio]

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


NAVEGANDO CARA A ÍTACA
Prezo: 8 €
[AGOTADO] ESPAÑA SAGRADA TOMO XVIII - MONDOÑEDO
Prezo: 29 €
A BORDO DUN BARCO SEN LUCES
Prezo: 17 €
70 AÑOS EN CLAVE DE FA
Prezo: 5,9 €

Quero peixe!
Prezo: 14 €
GALLEIRA PASSPORT
Prezo: 19 €
[AGOTADO] ARGOS DIVINA
Prezo: 29 €
BRETEMADA
Prezo: 20 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.