BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


A BORDO DUN BARCO SEN LUCES

O mundo poético de Luís Pimentel

Luz Pozo Garza

O universo creativo de Luís Pimentel na pluma sensible e fonda doutra gran poeta

Luz Pozo percorre neste ensaio o particular universo creativo do poeta lugués Luís Pimentel (1895-1958) —un dos seus guieiros literarios—. Esta obra foi publicada por vez primeira en 1990 e agora cobra nova vida na presente edición, corrixida e ampliada pola autora. Pozo Garza parte do poemario pimenteliano Barco sin luces, publicado postumamente en 1960 —logo de moitos intentos de edición por parte do autor— para achegarnos ao universo dun home en conflito, comprometido co seu tempo pero atormentado pola soidade, a anguria ante a morte e o desacougo existencial. O escritor e crítico literario Román Raña afirma no Limiar que «o lector ten nas súas mans un estudo cheo de poderosas iluminacións e profundidade de análise». Luz Pozo indaga na forma depurada, aparentemente sinxela de Pimentel, onde descobre tesouros de relevacións vivenciais. Mais, sobre todo, descobre a fórmula axial, ontolóxica e lingüística dunha fraxilidade da existencia, que afecta tanto ao poeta como ao seu emotivo, ferido e reservado universo.

» Ver as primeiras páxinas da obra.

O autor/a

O autor/a

Luz Pozo Garza (Ribadeo,1922-A Coruña, 2020), catedrática, poeta, ensaísta e crítica, pertence á Real Academia Galega desde 1996. A súa obra poética principia con Ánfora (1949), El Vagabundo, Cita en el viento... En galego: O paxaro na boca, Verbas derradeiras, Concerto de outono, Códice Calixtino, Prometo a flor de loto, Medea en Corinto, As arpas de Iwerddon, Memoria solar, As vodas palatinas, Deter o día cunha flor (2009)... Dirixiu a revista literaria Nordés. Na actualidade (2011), leva Clave Orión, en galego, con colaboracións en alemán, ruso, grego e outras linguas. Como ensaísta e crítica, publicou A bordo de “Barco sin luces” —agora renovado—, Álvaro Cunqueiro e “Herba aquí e acolá “, Galicia ferida/A visión de Luís Seoane, Ondas do mar de Vigo, Diálogos con Rosalía. A súa traxectoria poética levouna, a través de diversas correntes e técnicas, a acadar unha voz moi persoal, hoxe amplamente recoñecida.


Revista de Prensa

12/12/2011, Diario de Ferrol, “Non houbo ningún outro coma Luís Pimentel polo emotivo”.



30/11/2011, El Ideal Gallego, Luz Pozo presenta el jueves su ensayo “A bordo dun barco sen luces”, en Novagalicia Banco.






PREZO: 17,00 €





ISBN: 978-84-89323-72-8 Páxinas: 171 PVP: 17 € Medidas: 13x23 cm Idioma: galego Encadernación: rústica con lapelas Data 1ª edición en Alvarellos Editora: novembro, 2011 Colección: Oeste [divulgación&ensaio]

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


QUENDA DA CATIVIDADE
Prezo: 8 €
TEMPO DE ELEXÍA
Prezo: 20 €
RETORNO A NATURA
Prezo: 13,9 €
ABRINDO FIESTRAS EN CARNE VIVA
Prezo: 9 €

DE CATRO A CATRO. MANUSCRITO ORIXINAL
Prezo: 22,9 €
MÁXICO TEAR NATURAL
Prezo: 14 €
BALADA DE LOS MARES DEL NORTE
Prezo: 23,5 €
GRAN LUGO DE NEBRA
Prezo: 14 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.