BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

OUTLET [ofertas]


OS SONS DA BRAÑA

Poesía

Antonio Yebra de Ares


Os sons da braña é un canto íntimo aos tempos idos evocado nunha paisaxe moi concreta e especial para o autor, a campiña luguesa. Na súa doble condición de pintor e escritor, Antonio Yebra de Ares constrúe un retrato apaixoado das xentes do lugar como personaxes dun mundo –o da vida no campo– que hoxe padeceu unha radical transformación. Son tipos humanos desubicados nesta sociedade tan distinta á que eles coñeceron e ollan con estrañeza o seu redor. Poemas como "O cego do violín", "A morte na Campiña" ou o que dá título ao libro,"Os sons da braña", representan un claro exemplo dese desaxuste entre o home de mediados do século XX e o mundo actual presidido pola globalización. En Os sons da braña hai tamén espazo á homenaxe a poetas admirados ("Lembranza a Manuel María") ou á louvanza de territorios vitais irrenunciables ("A vila de Monterroso", "Lembranzas do río Ulla"). Todas estas composicións –como sinala o psicopedagogo Díaz Escolante no Prólogo á obra– presentan así mesmo unha mirada profunda ao interior de Antonio Yebra. En total, medio cento de poemas escritos dende o cerne mesmo da terra amada.

O autor/a

O autor/a

Antonio Benito Yebra de Ares (Monterroso-Lugo, 1926-Lugo, 2012) foi pintor, escritor e Cronista Oficial do Concello de Monterroso. Como pintor realizou ata 32 mostras individuais e os seus cadros foron expostos por toda España e mais en París. Así mesmo é autor dos carteis promocionais do Camiño de Santiago para o Xacobeo 1993 e 1999. Como escritor destaca a súa obra en tres tomos Pazos y señoríos de la provincia de Lugo (publicados en 2000 –os dous primeiros– e 2005 respectivamente), ademais é autor do poemario Os xeitos d’hoxe (Alvarellos Editora, 1977), os cómics Argalladas do pobo (Alvarellos Editora, 1977) e Alcaldes e alcaldesas (1998), El condado de Monterroso, pasado y presente (1987), Alcaldes e alcaldesas (1991) e Guía turística de Meira (1994).



Antonio Yebra presenta o seu poemario en Monterroso 15/12/2007
. Antonio Yebra presenta o seu poemario en Monterroso


PREZO: 5,90 €





Título: Os sons da braña Subtítulo: Poesía Páxs: 97 Lingua: galego PVP: 5,90€ Medidas: 14x21 Publicación 1ª edición: Novembro 2006 Ilustracións: o autor ISBN-13: 978-84-89323-12-4 ISBN-10: 84-89323-12-7 Encuadernación: tapa branda plastificada, con lapelas

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


ESPAÑA SAGRADA - ÍNDICE OBRA COMPLETA
Prezo: 9,9 €
[AGOTADO] LA VERDADERA CUNA DE CRISTÓBAL COLÓN
Prezo: 5,9 €
BRETEMADA
Prezo: 20 €
ARRAIANOS Nº VIII
Prezo: 3 €

HISTORIA DE LA MÚSICA ANTIGUA
Prezo: 5,9 €
ENTRE AS PAREDES DO SILENCIO
Prezo: 9 €
MADIA LEVA!
Prezo: 5,9 €
[AGOTADO] EL MARISCAL PEDRO PARDO DE CELA
Prezo: 5,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.