BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


Orixe orzánica das sereas todas

Rodrigo Osorio, ed.

Unha Galicia imaxinada na que Urbano Lugrís ingresa en 1953 na Academia Galega da Lingua

Presentamos unha moi orixinal proposta narrativa. Soñar mundos, imaxinar universos, debuxar ignotos ronseis... Velaquí a función, especialmente milagrosa, da literatura. Ser quen de reescribir vidas e tempos. O artífice deste libro, Rodrigo Osorio, proponnos nesta Orixe orzánica das sereas todas, un xogo marabilloso, un reto tamén. Os protagonistas son o pintor e escritor Urbano Lugrís González e o escritor Leandro Carré Alvarellos. Arredor deles, ou canda eles, deberemos mergullarnos na orixe orzánica das sereas todas, e deixar que o misterio das ondas nos leve polo vieiro dos soños.

Rodrigo Osorio, integrante do colectivo lugrisán In nave civitas, é un dos impulsores da reinvidicación da vida e obra de Urbano Lugrís. Nesta obra, Osorio soña unha Galicia ideal, imaxina como tería sido o noso país sen Franco, nin guerra, nin ditadura. Unha sociedade na que o xenial artista pronuncia o seu discurso de ingreso na Academia Galega da Lingua. É o 19 de novembro de 1953.



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Rodrigo Osorio Guerrero (Ponferrada, León, 1977). Coñeceu a obra de Urbano Lugrís González cando estudaba Dereito en Compostela, grazas á exposición do Auditorio de Galicia de 1998. En 2012, reencontrouse co mestre no obradoiro literario impartido por Xurxo Souto –«Historias da cidade barco»– do que naceu o colectivo lugrisán In Nave Civitas, no que se integrou. Dende aquel ano fai parte da organización do Día Lugrís, unha homenaxe cidadá anual arredor do «pintor do mar». Tamén tivo a ledicia de colaborar coa asociación cultural O Mural na salvación do fresco que Lugrís pintou na rúa Real da Coruña. Escribiu: «Lugrís, un naúfrago da historia», «P. M. A. Unha interpretación ventureira. Como (non) nomear un fresco de Urbano Lugrís» e «O quebracabezas do descubrimento». Así mesmo, foi integrante do cadro de teatro de Cántigas da Terra co que representou dúas obras de Carré Alvarellos: Un caso compricado (2016) e O engano (2019).





Ver portada en alta resolución

PREZO: 14,00 €





Pp: 130. Formato 14 x 19,5 cms. ISBN 978-84-16460-97-7

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


¿A qué altura está el cielo? [1ª edición en castelán]
Prezo: 18,5 €
CÓDICE CALIXTINO | LIBRO V
Prezo: 13 €
ANTÍDOTO
Prezo: 14 €
Poema da Rúa das Aves
Prezo: 13 €

SANTIAGO, CIUDAD DE ENCUENTROS Y PRESENCIAS
Prezo: 18 €
[AGOTADO] MULLERES DESTACADAS DE GALICIA
Prezo: 3 €
SALÓN TEATRO
Prezo: 18 €
RETORNO A NATURA
Prezo: 13,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.