Se hai un cumio ou monte mítico, simbólico e histórico a un tempo, en Galicia, este é o Pico Sacro. Elévase garboso ao leste de Compostela, no Concello de Boqueixón, a 533 metros de altitude.
Este libro reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos —algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais.
Dende o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, ata contos infantís...
“Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable”, sinalan os artífices desta convocatoria.
Subamos pois ao Pico Sacro. E academos, dende Galicia, o universo enteiro. Un universo escrito que se desprega en cada unha destas páxinas.
23-08-2017 Galicia Dixital O PIco Sacro, en Monforte, por Xulio Xiz.
14-05-2017 Café Barbantia Pico Sacro, ferido polo lóstrego e a Lenda. Por X. Ricardo Losada
06-05-2017 Televisión de Galicia-A Revista FDS-Reportaxe dende o alto do Pico Sacro
![]() |
OS PRIVILEXIOS DOS SOMNÁMBULOS |
Prezo: 9 € |
![]() |
Libreta modelo LUCUS |
Prezo: 2,6 € |
![]() |
ROSA TÁNTRICA |
Prezo: 12,5 € |
![]() |
CORES PARA ALOUMIÑAR SOÑOS |
Prezo: 24 € |
![]() |
REGLAS Y LEYES DEL REBESINO |
Prezo: 5,9 € |
![]() |
De casa queimada |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
GUÍA SECRETA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA: OURENSE |
Prezo: 16 € |
![]() |
Á PROCURA DA POESÍA |
Prezo: 24 € |