BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


ADAGIO POR OUTONO

[1º Premio XLI Certame de Poesía Concello de Vilalba]

Modesto Fraga


«Unha alta sinfonía do amor onde todo é tocado polo milagre dunha luz que emana da palabra poética». De tal xeito define a profesora Teresa Seara, no Limiar de Adagio por outono, a paixón lírica que destilan estes novos versos de Modesto Fraga, escritor de longa e premiada traxectoria literaria que suma, aos moitos recoñecementos recibidos, este primeiro premio de 2015 no XLI Certame Literario do Concello de Vilalba.

Adagio por outono é unha homenaxe a aqueles poetas italianos que, no século XIII, foron quen de rachar coa tradición e situar á muller no centro da súa lírica, e ao sentimento amoroso no cerne da súa revolución estética e da súa esperanza. Foron coñecidos como o Dolce Stil Novo.

Modesto Fraga escolle da tradición a arquitectura plena do soneto e dende ela transita ata o verso libre. Camiñamos, coa súa palabra, a través de Florencia, contemplamos a dozura dos lenzos de Rafael, abraiámonos ante o Pórtico da Gloria en Compostela, ou asistimos a un banquete poético onde se dan cita escollidas voces da literatura e da arte universais de todos os tempos.

Cada lector, cada lectora, atopará aquí poderosas razóns para vivir máis vidas e máis fondas a través da poesía e do amor.



Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Modesto Fraga Moure (Fisterra, 1974) é poeta e narrador. Realizou estudos de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago, formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte e foi integrante do consello editorial de Letras de Cal. Os seus versos levan colleitado numerosos recoñecementos, entre os que destacan o Premio Avelina Valladares (1997), Premio O Grelo-Amigos de Galicia (1997), Premio Rosalía de Castro (1998), Premio Francisco Añón (1998), Premio do Seminario de Estudos Comarcais (2012), XLI Certame Literario Concello de Vilalba (2015) ou o XIX Premio de Poesía Concello de Carral (2016). É autor dos seguintes libros de poemas: Do amor salgado (1997), Mar de ausencias (1999. 1ª ed.), Ese estraño silencio (2002), Derrotas con raíces (2007), Mar de ausencias (2009. 2ª ed.), Atlántica luz. Poesía mareira 1995-2015 (2015), Devalar sen pel (no prelo). Ademais, publicou o ensaio Fisterra, a derradeira perla de occidente (2014) e coordinou, con Miro Villar, a antoloxía De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte (2009).


Revista de Prensa

03-08-2016 Radio Galega-Diario Cultural Entrevista a Modesto Fraga 





Ver portada en alta resolución

PREZO: 9,00 €





76 pp | 14 x 21 cms ISBN 978-84-16460-10-6

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


Na pel das árbores do vento
Prezo: 9,5 €
Orixe orzánica das sereas todas
Prezo: 14 €
POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY
Prezo: 16 €
Microrrelatos
Prezo: 9,5 €

ROSA TÁNTRICA
Prezo: 12,5 €
VERSOS A COMPOSTELA
Prezo: 17 €
PICO SACRO
Prezo: 19 €
Fosforescencias
Prezo: 16,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.