A escrita como refuxio. A poesía tórnase en vieiro para alcanzar o coñecemento das cousas. O verso revélase nas páxinas desta obra coma un xeito de deter o fuxidío da existencia. As palabras como contención. "Unhas palabras que paguen a pena ser escritas / que atrapen a memoria", di a autora no poema "Adiviñanza".
Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez: dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra, ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez.
Esta obra logrou en 2014 o segundo premio na edición número 40 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba.
Mª Isabel Vázquez naceu en Palas de Rei (Lugo) en 1963 e aos dous anos trasladouse coa súa familia a vivir a Sestao (Bizkaia). Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade do País Vasco recibiu na súa terra de adopción numerosos recoñecementos e premios, o más recente (xuño de 2015), o primeiro premio do XV Certame de Poesía "Anduriña voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi pola obra titulada De ferro e tenrura. Antes, lograra o primeiro premio no XIII Concurso de Literatura Espistolar convocado por Correos (empresa onde traballa) coa obra El almirante Cristoforo, o terceiro premio de poesía da XVII semana cultural das Letras Galegas do Centro Galego de Sestao polo seu poema “Lembranza” e o XIX premio de poesía en galego da Sociedad Artística Ferrolana por “Xardíns de aceiro”.
Confesa que unha das súas ilusións sería retirarse a unha torre en Galicia, como no seu día fixo Michel de Montaigne no Périgord, para escribir e camiñar polos bosques da Ulloa e poder sentir aquilo que o expresaba o poeta Uxío Novoneyra: “Si o aire quer... chegarein a non ser ninguén”.
21-01-2016 Revista dixital rede de Bibliotecas de Santurtzi
04-09-2015 Radio Galega. Diario Cultural. Entrevista e recitado de poemas http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-04-09-2015-1414503
26-08-2015 Terracháxa.com http://www.terrachaxa.com/novas/modesto-fraga-e-paulino-pereiro-premios-do-xli-certame-literario-de-vilalba
25-08-2015 El Progreso http://elprogreso.galiciae.com/noticia/431615/modesto-fraga-gana-con-adagio-por-outono-el-certame-literario-vilalbes
20-08-2015 La Voz de Galicia-Edición Lugo http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/vilalba/2015/08/20/obras-ganadoras-certamen-literario-vilalbes-2014-presentan-lunes/00031440085205115900488.htm
![]() |
CARTAFOL DE MIRAXES |
Prezo: 11 € |
![]() |
OS PRIVILEXIOS DOS SOMNÁMBULOS |
Prezo: 9 € |
![]() |
TEMPO DE ELEXÍA |
Prezo: 20 € |
![]() |
A BORDO DUN BARCO SEN LUCES |
Prezo: 17 € |
![]() |
SONETOS PREPOSICIONAIS |
Prezo: 9 € |
![]() |
ENTRE AS PAREDES DO SILENCIO |
Prezo: 9 € |
![]() |
Os exilios que somos |
Prezo: 13 € |
![]() |
Poema da Rúa das Aves |
Prezo: 13 € |