BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


NAVEGANDO CARA A ÍTACA

2º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013

Rafael Catoira Rey


O gran poema grego da Odisea, onde Homero describe a peripecia do heroe Ulises ata regresar á súa patria, Ítaca, é o fío condutor desta recreación poética de Rafael Catoira Rey.

En Navegando cara a Ítaca, a  vida —e a poesía— móstranse como a viaxe imprevisible que efectivamente son.

A obra principia cun “Ítaca non existe” para proseguir logo con esta declaración de intencións: “Viaxo ó teu encontro. /Non chegar nunca,/ gozar só do presaxio” (...). 

Polos versos de Rafael Catoira van transitando algúns dos personaxes do poema homérico: Ulises, a súa muller Penélope, o seu fillo Telémaco, o xigante Polifemo...  Aos que fai falar e reflexionar, e aos que a voz poética tamén interpela. 

Esta obra recibiu en 2013 o segundo premio na edición número 39 do Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo), un dos concursos poéticos máis veteranos de Galicia.

O autor/a

O autor/a

Rafael Catoira Rey naceu na aldea de Laxe, no municipio de Culleredo (A Coruña). Dedícase á actividade empresarial no sector da construción. «A crise económica reduciu a miña empresa e deume o tempo necesario para dedicarme ao que sempre desexei e deixara de man: escribir», confesa. Este é o seu primeiro libro de poemas.





PREZO: 8,00 €





Formato: 50 pp. 14x21 cms ISBN: 978-84-89323-61-2

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


CINZA DE ESTRELAS
Prezo: 9 €
OS PRIVILEXIOS DOS SOMNÁMBULOS
Prezo: 9 €
TEMPO DE ELEXÍA
Prezo: 20 €
ENTRE AS PAREDES DO SILENCIO
Prezo: 9 €

De casa queimada
Prezo: 9,5 €
ROSA TÁNTRICA
Prezo: 12,5 €
Á PROCURA DA POESÍA
Prezo: 24 €
PICO SACRO
Prezo: 19 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.