As árbores teñen voz. E mans, mans con dedos. E senten. Vaia se senten! Dígovolo eu, que o sei ben.
Seino dende sempre. Cando mamá e papá me levaron ao bosque a abrazar a miña primeira árbore.
Abre este conto e entrarás nun bosque fascinante.
ARGUMENTO
Cando cumpriu tres anos, Lucía recibiu un agasallo moi especial de mamá e papá: unha árbore. Un precioso freixo que medra no pequeno bosque preto da casa. Visítao todas as semanas: obsérvao, úleo, fálalle e, sobre todo, abrázao. Álex, o mellor amigo de Lucía, é cego, mais xuntos descobren igualmente un mundo fascinante cheo de sensacións. Un día o freixo ponse maliño, pero a natureza sempre segue o seu camiño...
CLAVES PARA A LECTURA
Descubrir un bosque, pero tamén un parque ou un xardín, a través das súas árbores, é unha das actividades máis enriquecedoras para calquera idade.
Este álbum ilustrado convida a entrar nesta atmosfera natural e ir coñecendo e valorando a natureza única que temos tan preto das nosas casas e que pasa moitas veces diante de nós sen darnos de conta.
Abrazar unha árbore forma parte dunha práctica que xurdiu, como terapia, no Xapón nos anos oitenta: o shirin-yoku («baño de bosque»). Estendeuse por todo o mundo. Trátase de relaxar escoitando o bosque, tocando, ulindo, en calma... Álex, o amigo de Lucía, non pode ver, pero o bosque fascínaos por igual aos dous.
As ilustracións lévannos a penetrar neste universo natural e sensorial. Feitas con acuarelas e sutís trazos a lapis. Inspirados nelas, podemos facer nós tamén o debuxo da nosa árbore favorita, das súas follas e do lugar onde se atopa.
Henrique Alvarellos (Lugo, 1968) é editor, escritor e xornalista. Autor de varios libros -Territorio auroral (1997), Teoría de Lugo (2004), Galicia en cen prodixios (2004), Descubrir Lugo (2006), Diario dun pai acabado de nacer (2008), Santiago, 1909 (2009), Os últimos carballos do Banquete de Conxo -coautor e coordinador- (2016), ou Federico García Lorca en Santiago de Compostela (2020), este é o seu primeiro conto infantil. Está inspirado en dous espazos naturais: nun bosque da súa infancia, a carballeira de Fingoi (Lugo), e no Bosque do Banquete de Conxo (Compostela) cuxa apertura el impulsou en 2018.
Xulia Nieto Pereira (Mazaricos, 1990) é ilustradora, deseñadora e creativa. Formouse na Escuela de Diseño de Granada e este é un dos seus primeiros traballos publicados. En 2018 ilustrou o premiado poemario de Emma Pedreira Antídoto (Alvarellos Editora).
30-07-2020 Caderno da Crítica
06-07-2020 Correo TV-Libraría Couceiro
25-06-2020 El Correo Gallego
18-06-2020 El Correo Gallego
![]() |
O MEU AVÓ E O QUEIXO |
Prezo: 14 € |
![]() |
A PROMESA DO CABEZOLO |
Prezo: 14 € |
![]() |
QUERES LER UN LIBRO COMIGO? |
Prezo: 14 € |
![]() |
Na busca de Antón |
Prezo: 14 € |
![]() |
SoñoS |
Prezo: 14 € |
![]() |
A MIÑA PROFE É UN MONSTRO! (DISO NADA.) |
Prezo: 14 € |
![]() |
A RAÍÑA DAS TORTAS |
Prezo: 14 € |
![]() |
CONTOS DO SOL E DA LÚA |
Prezo: 12 € |