BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Verdemar [ álbum ilustrado ]


A miña familia 3+1=7

Isha Bottin (texto) | Gaspard Talmasse (ilustración)


Dende Quebec (Canadá) traemos este novo conto Verdemar: A miña familia 3+1=7, que trata dunha familia un chisco diferente ás típicas ou comúns. Escrito por Isha Bottin, poderosamente ilustrado por Gaspard Talmasse e traducido dende o francés ao galego por María Reimóndez, esta historia demostra que moitas veces as dificultades da vida poden atopar un camiño de luz e esperanza.

Traducido por María Reimóndez.

TEXTO CONTRACAPA
Inspirado nunha historia real, este libro recolle as pequenas dificultades e grandes ledicias dunha familia un chisco diferente ás demais. Nesta historia a felicidade lévase no corazón e a esperanza sempre atopa o seu camiño. E xa sabedes, ás veces, 3+1 é igual a 7.

ARGUMENTO
Deixemos que explique a historia a propia autora, Isha Bottin: “Este libro está baseado na miña infancia. A miña irmá máis nova e mais eu perdemos o noso pai cando eramos pequenas e a nosa mai, que atopaba moi difícil convivir cos recordos del, decidiu cambiar de país. Foi así que acabamos en Ruanda,en África.

Por momentos, pode parecer que todo se esnaquiza, que a felicidade desaparece, que o amor non volverá aparecer xa máis. Que tiveches a túa oportunidade mais que che pasou o sol pola porta. Mais iso non foi o que aconteceu. Ao contrario. Pódese soñar que todo é posible, mesmo cando unha pensa que o perdeu todo. Cómpre non ter medo do futuro. Crer nel. Facer pola vida… Esta é a historia de tres mulleres que xermolaron xuntas, coa nosa nova familia”.

CLAVES PARA A LECTURA 
É a historia dunha familia reconstituída que cambia de país e mesmo de continente. Fillos de dous matrimonios que, xuntos, viven primeiro conflitos ou desencontros, pero que axiña buscan un camiño común. O relato mostra a ledicia de descubrírense, de xogar xuntos e de saber que a harmonía e o amor poden xurdir se somos xenerosos e estamos abertos aos demais.

IDADE DE INTERESE: +6

NIVEL DE LECTURA: +6



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Isha Bottin Nace en Quebec en 1980. Moi nena, trala morte de seu pai, trasládase coa súa nai e irmá a Ruanda. Logo deciden ir vivir a Bélxica, onde terá un novo pai. (Esta experiencia vital inspirará a historia que aquí presentamos, que publica en Montreal en 2017). Estuda Dereito e Comunicación. Hoxe vive en Montreal. É tamén autora de Papa est parti (2010).

Gaspard Talmasse é un artista belga nacido en 1986. Apaixonado dende neno por debuxar cómics, licénciase en Artes Plásticas e inicia unha carreira como ilustrador independente e creador de tiras cómicas. Inspírase no cinema (para o que tamén ilustra), na fotografía e na música. 





Ver portada en alta resolución

PREZO: 14,00 €





36 pp. 21,5 x 28 cms ISBN: 978-84-16460-59-5 Capa dura. Cosido en fío vexetal. Papel offset

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


O MEU AVÓ E O QUEIXO
Prezo: 14 €
QUERES LER UN LIBRO COMIGO?
Prezo: 14 €
A MIÑA PROFE É UN MONSTRO! (DISO NADA.)
Prezo: 14 €
A RAÍÑA DAS TORTAS
Prezo: 14 €

Na busca de Antón
Prezo: 14 €
Había unha vez un neno
Prezo: 18,9 €
Quero peixe!
Prezo: 14 €
CONTOS DO SOL E DA LÚA
Prezo: 12 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.