BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Verdemar [ álbum ilustrado ]


O MEU AVÓ E O QUEIXO

María Reimóndez | Ilustrado por Vanesa Álvarez


Escrito por María Reimóndez e ilustrado por Vanesa Álvarez, O meu avó e o queixo é o título dun dos novos contos Verdemar de Alvarellos Editora da primavera/verán de 2020. Unha orixinal historia entre un avó a súa neta tecida arredor do afecto, do humor e da gastronomía. E cunhas orixinais ilustracións inspiradas nos graffitis urbanos.

Para o meu avó, o mundo debe de ser coma un queixo.

  • Idade de interese: +3
  • Nivel de lectura: +5 

ARGUMENTO

Avó e neta comparten o amor polo queixo. Entre eles establécese un divertido diálogo a través do que iremos descubrindo deliciosos queixos de Galicia e do mundo coma o Manchego, o Cebreiro, o de Arzúa ou o Gruyère. Os intres compartidos entre neta e avó convértense en grandes fiestras abertas a un mundo... que é redondo coma un queixo!

CLAVES PARA A LECTURA 

María Reimóndez: O meu avó José —ou Pepe— Meilán, que as dúas cousas lle chamaban, deixounos cando eu tiña trece anos, mais o seu paso pola miña vida, coma o de todas as boas persoas, perdura ata hoxe no tempo. Del fican un certo sentido do humor, o que lle gustaba cantar habaneras, o seu traballo no taller con camións e coches de todos os tipos e, sobre todo, o amor que compartimos polo queixo. Un punto de encontro para mediar calquera distancia, para usar os sentidos cando non hai posibilidade doutros entendementos. 

Escribín este libro para lembrar como as persoas perduran en nós, mesmo cando pensamos que as perdemos. E, tamén, como non, para renderlle unha boa homenaxe a esa marabilla diversa do coñecemento humano que son os múltiples queixos.

Vanesa Álvarez: Esta historia é un regreso á infancia. Quixen expresalo mesturando personaxes reais [as propias avoas e avós da autora, da ilustradora e do editor] cunha estética de arte urbana e retratos que parecen “stencils” ou estarcidos —un tipo de graffitis— que eu traballo moito, a base de estampados e cores actuais.



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

María Reimóndez (Lugo, 1975) é escritora de narrativa, poesía, ensaio e teatro, cunha dilatada e recoñecida traxectoria literaria tamén no eido infantil e xuvenil: «Dende que era pequena gustábanme as historias, lelas e escribilas. Algunhas imaxineinas na furgoneta ou nos coches do meu avó, entre os sons da soldadura e os enormes camións enfermos. 

Na vida, tiven a sorte de caer nunha casa chea de afecto. Se cadra escribir é para min un xeito de compartir a alegría dese accidente, e a esperanza de que todas as nenas e nenos atopen no camiño persoas que os acollan, a quen chamar avós ou avoas, independentemente dos apelidos, dos lazos de sangue e dos documentos».

Vanesa Álvarez (Vigo, 1983) é unha artista gráfica que vive e traballa en Nova York, onde desenvolve proxectos como muralista, centrados na visibilización da muller a través da arte urbana. É titulada en artes plásticas e deseño. Participou en festivais artísticos e literarios en Vigo (Kerouac, Vigo Cidade de Cor), Madrid (Pintamalasaña) ou Nova York (Casa Galicia, Instituto Cervantes), entre outros. Actualmente (2020) imparte clases de muralismo e xustiza social no barrio do Bronx e realiza a residencia artística Project Art USA.

(Debuxos de autora e ilustradora: Vanesa Álvarez).





Ver portada en alta resolución

PREZO: 14,00 €





32 pp. 21,5 x 21,5 cms ISBN: 978-84-16460-81-6 Capa dura. Cosido a fío. Impresión offset.

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


A PROMESA DO CABEZOLO
Prezo: 14 €
A RAÍÑA DAS TORTAS
Prezo: 14 €
Había unha vez un neno
Prezo: 18,9 €
QUERES LER UN LIBRO COMIGO?
Prezo: 14 €

Como se di?
Prezo: 14 €
A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES
Prezo: 14 €
SoñoS
Prezo: 14 €
CONTOS DO SOL E DA LÚA
Prezo: 12 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.