BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Ilustrada [viaxes+fotografía+artes plásticas]


GUÍA VERDE DE SANTIAGO (castellano)

UN PERCORRIDO ALTERNATIVO E INÉDITO POLA CAPITAL DE GALICIA
(Edición en Castelán)
Ver Edición en Galego

María Isabel Fraga, coord. Martín Souto e Daniel Castro

Impresa en papel reciclado e ecolóxico, consta de 216 páxinas a toda cor, con 250 fotografías, ilustracións e mapas de todos os parques e xardíns da cidade mais fichas prácticas de 130 especies arbóreas.

Chega ás librerías unha guía nova e orixinal de Compostela que se ocupa dun aspecto moi pouco tratado ata hoxe, pese a que a capital de Galicia é unha das cidades con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante de toda a Península Ibérica.

Trátase da Guía verde de Santiago unha obra co editada co Museo de Historia Natural da USC e que conta coa colaboración da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable do Concello de Santiago. A guía, que sae publicada en dúas edicións, galego e castelán, está avalada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. A directora deste Museo, a botánica María Isabel Fraga, é a coordinadora do libro ademais de ser a autora dos textos, en colaboración con Martín Souto e Daniel Castro. Tamén participan Xan Guerra e Francisco Leonardo.

PAPEL ECOLÓXICO E 250 FOTOGRAFÍAS

Impresa en papel reciclado e ecolóxico (procedente de bosques sustentables) esta primeira guía verde da cidade é toda unha descuberta. Un volume ameno, didáctico, sinxelo, inclúe 250 fotografías a toda cor, ilustracións e mapas de 18 parques e xardíns, e fichas prácticas de 130 especies arbóreas.

En total, 216 páxinas nas que se traza un percorrido a través das sorprendentes zonas verdes da capital de Galicia. O libro divídese en dúas partes: A primeira céntrase nos parques máis representativos do núcleo urbano: Alameda, San Lourenzo, Campus Sur, Eugenio Granell, Bonaval, Belvís....

De cada un destes espazos vaise describindo a súa historia, singularidades e especies arbóreas. A segunda parte é toda unha guía botánica con fichas, fotos, debuxos e comentarios de 130 especies arbóreas que están presentes nos parques e xardíns de Compostela.

» Ver mostra da Guía Verde (pdf)





PREZO: 12,00 €





Título: Guía verde de Santiago Autores: María Isabel Fraga, coord.; Martín Souto e Daniel Castro Páxs: 216 PVP: 12 € Medidas: 12x22 Encadernación: capa branda plastificada Idioma: castellano Data de aparición: 30 de decembro 2009 ISBN: 978-84-89323-32-2

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


VIAJE A LUGO
Prezo: 18 €
LA CIUDAD DONDE LAS PIEDRAS FLORECEN
Prezo: 9 €
MÁXICO TEAR NATURAL
Prezo: 14 €
50 CAFÉS HISTÓRICOS DE ESPAÑA Y PORTUGAL
Prezo: 24 €

Santiago de Compostela desde dentro [Edición en castellano]
Prezo: 14,9 €
CAMINO DE SANTIAGO A MUXÍA POR BRANDOMIL (EDICIÓN EN CASTELÁN)
Prezo: 12,9 €
Way of St. James from Santiago to Muxía via Brandomil [English Edition]
Prezo: 12,9 €
GUÍA DE PADRÓN
Prezo: 13,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.