BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Ilustrada [viaxes+fotografía+artes plásticas]


[AGOTADO] SANTIAGO, 1909

Centenario da Exposición Rexional Galega [edición en rústica]

Henrique Alvarellos Casas


A Expo de 1909 marcou época. Era tamén o primeiro Ano Santo do século e polo recinto (instalado ao suroeste da Alameda e no colexio San Clemente) pasaron en cinco meses máis de 53.000 persoas, o dobre da poboación de Santiago naquel intre.

Cen anos despois, aquela peculiar simbiose de arte e industria ben merece un rescate. O autor –o editor e xornalista Henrique Alvarellos Casas– viaxa á Galicia daqueles días para reconstruír a crónica da Exposición Rexional e recuperar do esquecemento preto de setenta fotografías e ilustracións únicas.

Este volume, que conta cun limiar da historiadora da Universidade de Santiago Margarita Barral Martínez, é o primeiro monográfico que se publica sobre a Exposición Rexional de 1909. A colección de imaxes e ilustracións aquí reunidas –máis de setenta– constitúe a máis completa editada ata hoxe.

O traballo de documentación centrouse en diversas fontes arquivísticas e xornalísticas. O autor accedeu aos fondos de centros ou institucións onde posuían imaxes ou datos daquel evento: Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega, Arquivo Histórico maila Hemeroteca da Universidade de Santiago ou Palacio Real de Madrid. Para elaborar a crónica, foron consultados diarios e revistas da época dos anos 1909 e 1910: os diarios locais El Eco de Santiago ou Diario de Galicia, o xornal de Madrid El Imparcial ou o catalán La Vanguardia, ademais de revistas gráficas do momento como a viguesa Vida Gallega ou a madrileña Nuevo Mundo.

O resultado é un volume cunha edición moi coidada, encadernado en capa dura e impreso nun papel especial de alta gramaxe, dotado dun verniz que potencia a intensidade e o contraste das imaxes centenarias.

O autor/a

O autor/a

Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é editor, xornalista e escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica na USC e Posgrao en Comunicación pola UDC. É autor dos libros Territorio auroral (Consorcio de Santiago, 1997), Teoría de Lugo (A Nosa Terra, 2004), Galicia en cen prodigios (Xerais, 2004) e Descubrir Lugo (Edicións do Cumio 2006), Diario dun pai acabado de nacer (Xerais, 2008). Como xornalista, traballou en diversos de comunicación (El Progreso, Atlántico Diario –onde foi redactor xefe– La Voz de Galicia, Cambio 16, TVG…) mais en gabinetes de prensa (Turgalicia, Xacobeo, Consellería de Obras Públicas…). Actualmente colabora como columnista con varios xornais do país. Dende 2004 dirixe a editorial que, en 1977, fundara seu pai.


Revista de Prensa

11/09/2009, El Correo Gallego, "Viaje fotográfico a 1909" 



13/09/2009, El Correo Gallego, "Santiago 1909, o ano da modernidade" 



13/09/2009, El Correo Gallego, "Exposición en Fonseca"






PREZO: 13,50 €





ISBN 978-84-89323-34-6 Medidas: 20,5x19,5 cm Páxinas: 142 Encadernación: rústica Papel: Estucado semi de 170 gr. cun verniz especial Material gráfico: 60 fotografías (b/n) e 10 ilustracións (cor). Idioma: Galego

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


[OFERTA ] EL CASINO DE VIGO
Prezo: 5,9 €
A CORUÑA ANOS 20 (II)
Prezo: 10 €
LA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE DIEGO DE GUZMÁN
Prezo: 20 €
SANTIAGO, 1858
As fotos máis antigas de Galicia
Prezo: 8 €

GALICIA ANTE TODO
Prezo: 22 €
GUÍA VERDE DE SANTIAGO (castellano)
Prezo: 12 €
CORRESPONDENCIA [1928-1958]
Prezo: 24 €
PICO SACRO
Prezo: 19 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.