BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Ilustrada [viaxes+fotografía+artes plásticas]


CORES PARA ALOUMIÑAR SOÑOS

Vida e obra de Miguel Anxo Macía

Camilo Gómez Torres

Un ensaio máis un libro de arte nun só volume. A biografía do pintor e escultor lugués Miguel Anxo Macía inclúe a reprodución de 200 obras do artista.

Biografía ilustrada do pintor e escultor Miguel Anxo Macía (Lugo, 1955) elaborada polo profesor Camilo Gómez Torres. Pertencente á coñecida como “Xeración do 75” Macía, un artista na plenitude do seu proceso creativo, é un dos pintores galegos máis destacados. “A obra de Miguel Anxo Macía —sinala o autor— sorprende pola súa perfección técnica, a mestría do seu debuxo, a exuberancia sensual da súa inesgotábel paleta cromática, a identificación coa terra na que naceu, e a tensión emotiva das súas composicións pictóricas”. Este ensaio inclúe unha galería gráfica onde se reproducen máis de 200 obras (cadros e esculturas) do artista, dende os seus primeiros traballos a comezos dos anos 70, ata a actualidade.

O autor/a

O autor/a

Camilo Gómez Torres (Quiroga-Lugo, 1948) é doutor en Filoloxía Románica Hispánica (Galego-Portugués). Foi mestre na Escola de Maxisterio de Ourense e, dende 1977, profesor de Literatura no Instituto Lucus Augusti de Lugo, ata a súa xubilación en 2009. Especialista na obra poética de Manuel María, é autor de Manuel María: os traballos e dos días (2001), Orientacións para o uso dos signos de puntuación (2002),  Bibliografía de Manuel María (2003), A Terra Chá na poesía de Manuel María. Rotas culturais para unhas viaxes poéticas (2003), e O tempo vital de Manuel María. Crónica sociolingüística (2005). Coordina, ademais, a publicación da revista Xistral de creación poética lucense.


Revista de Prensa

29/03/2012, Galicia Digital, "Cores para aloumiñar soños (I)" 29/03/2012, Galicia Digital, "Cores para aloumiñar soños (II)" 29/03/2012, Galicia Digital, "Cores para aloumiñar soños (III)" 29/03/2012, Galicia Hoxe, "Cores para aloumiñar soños" 07/03/2012, El Progreso, "Gómez Torres fai un ensaio sobre o pintor Macía polas emocións que lle esperta"





PREZO: 24,00 €





Título: Cores para aloumiñar soños. Vida e obra de Miguel Anxo Macía Autor: Camilo Gómez Torres ISBN: 978-84-89323-76-6 Páxinas: 228 PVP: 24 € Medidas: 20x19 cm Idioma: galego Encadernación: cartonado Data saída 1ª edición: febreiro 2012 Colección: Oeste [divulgación&ensaio]

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


LUZ DORMIDA EN EL ESPEJO, LA
Prezo: 18 €
GUÍA SECRETA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA: LUGO
Prezo: 16 €
MADIA LEVA!
Prezo: 5,9 €
GALAICOS. Un pueblo entre dos mundos
Prezo: 24 €

A BORDO DUN BARCO SEN LUCES
Prezo: 17 €
NENIAS CHAIREGAS
Prezo: 9 €
VIAJES Y YANTARES POR GALICIA
Prezo: 20 €
POR LA CALLE DE SAN MARCOS
Prezo: 18 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.