BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Colección Rescate [clásicos]


ÚLTIMAS PÁGINAS SOBRE GALICIA

Artículos olvidados en Vida Gallega, 1919-1962

Vicente Risco


Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante… Todos estes adxectivos toman corpo nos textos de Últimas páginas sobre Galicia, un volume que redescobre ao mellor Risco nuns escritos que levaban esquecidos medio século e que xamais foran publicados en libro.

Trátase da obra xornalística completa de Vicente Risco para a revista Vida Gallega, uns traballos que se remontan no tempo ao ano 1919 e as cartas coa polémica entre os nacionalistas e os rexionalistas, até os derradeiros escritos do autor, de 1962. Todo un agasallo para o lector, que aquí atopará elegancia e rigor intelectual e, ao mesmo tempo, diversión e sinxeleza. Nestas páxinas fala Risco da paisaxe, do cinema, de libros, de viño, de Portugal, da Semana Santa en Ourense, do Románico, do fenómeno Xacobeo, de pintura, de nacionalismo… e mesmo sincérase nunha “Autobiografía confidencial”.

Este volume (que representa o terceiro tomo da Colección Rescate de Alvarellos Editora) inclúe ademais un documentado estudo sobre a personalidade e a obra de Risco, a cargo do profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel; o testemuño dun dos compañeiros de tertulia do escritor nos seus últimos anos, o xornalista e escritor Arturo Lezcano, e varios manuscritos inéditos do autor, ademais de reproducións de varios de seus traballos para a revista Vida Gallega.

» VER INTERIOR

» Conferencia do historiador e escritor Marcos Valcárcel na presentación de "Últimas páginas sobre Galicia", en Santiago

O autor/a

O autor/a

Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante… Toda a súa vida e obra, na web da Fundación: http://www.fundacionvicenterisco.com



O Clube de Prensa de Santiago acolleu a presentación de <i>Últimas páginas sobre Galicia</i> de Risco 23/03/2006
. O Clube de Prensa de Santiago acolleu a presentación de Últimas páginas sobre Galicia de Risco
Alvarellos Editora presentou en Ourense o libro esquecido de Vicente Risco 10/02/2006
. Alvarellos Editora presentou en Ourense o libro esquecido de Vicente Risco


PREZO: 5,90 €





Nº páxinas: 197 Medidas: 14x21 ISBN: 84–89323–03–8 Ilustracións: manuscritos inéditos e varias páxinas da revista Vida Gallega, dende 1919 a 1962.

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


HISTORIAS DE COMPOSTELA
Prezo: 22 €
RETORNO A IRIA FLAVIA [CENTENARIO DE CJC 1916-2016]
Prezo: 20 €
GRAN LUGO DE NEBRA
Prezo: 14 €
RECUERDOS DE AGOSTO
Prezo: 23 €

RETORNO A NATURA
Prezo: 13,9 €
MÁXICO TEAR NATURAL
Prezo: 14 €
CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS
Prezo: 12 €
GALICIA ANTE TODO
Prezo: 22 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.