O indiscutible renovador da arte galega da primeira metade do século XX, Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958) mantivo, durante toda a súa vida, unha rica e continuada relación epistolar con gran parte da intelectualidade galega do seu tempo: a do exilio e tamén a do chamado “exilio interior” (tal era o seu caso).
Este volume, o número 20 da Colección Rescate de Alvarellos Editora, reúne 179 cartas do pintor –a maior parte delas, inéditas–: dende 1928 ata a derradeira, dous meses antes de falecer. A correspondencia, atravesada primeiro polo silencio da guerra e despois pola longa represión, foi reunida e transcrita pola catedrática de Historia María Esther Rodríguez Losada, nunha edición ao coidado do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela e que publica Alvarellos Editora en colaboración co Consorcio de Santiago.
Estas páxinas contan, de seu, a historia íntima dun tempo e dun país. Cartas a Luís Seoane, a Castelao, a Federico García Lorca, a Bal y Gay, a Otero Pedrayo, a Isaac Díaz Pardo, a Cunqueiro, a Paz Andrade, a Fernández del Riego, a Laxeiro... Recóllese a correspondencia de ida, e moitas veces tamén a de volta, entre a que destaca o fecundo e prolongado intercambio epistolar con Luís Seoane.
O volume complétase coa incorporación de fotografías e manuscritos nunca vistos ata hoxe.
Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958). Ver biografía en:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Maside
10-11-2015 Radio Galega-Diario Cultural. Crítica de Chus Nogueira.
07-10-2015 Faro de Vigo http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2015/10/07/querido-federico-castelao-luis/1327224.html
07-10-2015 La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/pontecesures/2015/10/07/correspondencia-carlos-maside-reunida-nun-libro/0003_201510G7P47991.htm
06-10-2015 Radio Obradoiro As cartas de Carlos Maside
10-9-2015 Diario de Ferrol Crítica de Armando Requeixo: "Redescubrindo a Maside".: Diario Ferrol Armando Requeixo
01-08-2015 Faro de Vigo Por Rubén Reiriz-Polo: http://www.farodevigo.es/cartas/2015/08/01/as-amizades-carlos-maside/1288463.html
28-07-15 Diario de Pontevedra. Por Ramón Rozas http://diariodepontevedra.galiciae.com/blog/421136/vilar-42-santiago
24-07-15 Faro de Vigo http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/07/24/autorretrato-inedito-maside/1283660.html
24-07-15 La Voz de Galicia
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2015/07/24/publican-libro-cartas-ineditas-carlos-maside-intelectuales/0003_201507S24C29910.htm
24-07-15 Santiagodecompostela.org
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=13326
23-07-15 El Correo Gallego Por Fran P. Lorenzo
http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/un-libro-recolle-179-cartas-do-pintor-carlos-maside-intelectuais-seoane-castelao-garcia-lorca-diaz-pardo-ou-laxeiro/idEdicion-2015-07-23/idNoticia-944133/
![]() |
BALADA DE LOS MARES DEL NORTE |
Prezo: 23,5 € |
![]() |
GALICIA ANTE TODO |
Prezo: 22 € |
![]() |
[AGOTADO] TEORÍA DE GALICIA |
Prezo: 22 € |
![]() |
Eugenio Granell: regreso de un surrealista exiliado |
Prezo: 23,9 € |
![]() |
DE CATRO A CATRO. MANUSCRITO ORIXINAL |
Prezo: 22,9 € |
![]() |
SANTIAGO, CIUDAD DE ENCUENTROS Y PRESENCIAS |
Prezo: 18 € |
![]() |
FALANDO CLARO |
Prezo: 15 € |