Novo volume da Colección Rescate que reúne por vez primeira os escritos en prosa que o célebre autor dedicou á cidade das murallas. Entre os 24 textos recuperados figura un moi descoñecido: o discurso do Bimilenario, de 1975.
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911–Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento. Alvarellos Editora conmemora con este novo volume da Colección Rescate (o número 14) o centenario do nacemento do escritor.
A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trovador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole.
A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, dibuxan esta cidade como un territorio para a fantasía. Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de octubro de 1975, onde bautizou a Lugo como “la Roma del Finisterre”.
A ilustración da cuberta pertence ao pintor lugués Xesús Blas Lourés. O seu óleo titulado “A miña muralla”. Se trata, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.
Álvaro Cunqueiro Mora (Mondoñedo, 1911 – Vigo, 1981) foi un escritor extraordinariamente dotado. Exerceu o xornalismo e a literatura nas súas máis variadas formas (cronista, poeta, novelista, dramaturgo…). A súa pluma é das máis persoais e eruditas tanto da literatura en lingua galega como castelá. É autor, entre outras obras, de Merlín e familia, As crónicas do Sochantre, Si o vello Sinbad volvese ás Illas… En 1968 recibiu o Premio Nadal por Un hombre que se parecía a Orestes.
24-04-2011, Diario de Ferrol, "Apreciaciones de una grande de la literatura española".
05-03-2011, La Voz de Galicia, Suplemento Culturas, "Viaje al interior del Lugo de Cunqueiro".
28-2-2011, Viaje a Lugo en "Zigzag Diario" da TVG.
27-2-2011, El Progreso, Gente, "Cunqueiro"
28/02/2011, La Voz de Galicia, ''Trinta anos da morte de Cunqueiro, o imaxinador prodixioso ''
27/02/2011, Xornal de Galicia, ''Menú de letras para a festa centenaria de Cunqueiro''
15/02/2011, Caderno da Crítica, ''Cunqueiro e Lugo, Lugo e Cunqueiro''
11/02/2011, El Progreso, ''Lugo es la Roma de Finisterre''
11/02/2011, La Voz de Galicia, "Textos lugueses dun mindoniense''
10/02/2011, El Progreso, Mª Xesús Nogueira, 'Queda por catalogar a obra de Cunqueiro en Prensa''
10/02/2011, El Mundo, "Alvarellos homenajea a Cunqueiro con una recopilación de textos sobre Lugo'' 10/02/2011, ABC, "Cunqueiro: en Lugo, sobre Lugo''
09/02/2011,Galicia Hoxe, "Alvarellos reúne os escritos de Cunqueiro sobre a cidade de Lugo''
08/02/2011,Criticalia, “O Cunqueiro lucense''
03/02/2011, La Voz de Galicia, “Un libro reúne 24 textos que Cunqueiro dedicó a la ciudad de Lugo ''
![]() |
30/04/2011
![]() |
![]() |
VIAJES Y YANTARES POR GALICIA |
Prezo: 20 € |
![]() |
CATAVENTO DE NEUTRÓS DOMESTICADOS |
Prezo: 12 € |
![]() |
GUÍA DE PADRÓN |
Prezo: 13,9 € |
![]() |
GALICIA ANTE TODO |
Prezo: 22 € |
![]() |
[AGOTADO] TEORÍA DE GALICIA |
Prezo: 22 € |
![]() |
GUÍA SECRETA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA: LUGO |
Prezo: 16 € |
![]() |
QUENDA DA CATIVIDADE |
Prezo: 8 € |
![]() |
TEMPO DE ELEXÍA |
Prezo: 20 € |