BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Colección Rescate [clásicos]


GRAN LUGO DE NEBRA

Antoloxía de versos e prosas, 1955-1999

Uxío Novoneyra


O volume dedicado a Lugo que o poeta quixo facer en vida, pero que non chegou a ver. Inclúe 51 textos, en verso e prosa, escritos entre 1955 e 1999. Trece deles, inéditos. Con estudo de Pilar García Negro e ilustracións de Blas Lourés.

Ás veces canta o Norde unha pasión de lonxes i as murallas pechando un gran Lugo de nebra pechando abertas (...) Estes versos inéditos de Uxío Novoneyra (1930-1999) abren Gran Lugo de nebra, un volume que reúne, por vez primeira, a obra dispersa, esquecida ou non publicada do autor sobre a cidade de Lugo. Eiquí inda sigue Galicia fortemente reconocible i enteira, di noutro intre.

Trece dos textos son rigorosamente inéditos: catro poemas e oito escritos en prosa. Esta é a obra sobre Lugo que o poeta —a quen este ano 2010 se lle dedican as Letras Galegas— quixo facer en vida, á que se referiu en varias ocasións dende comezos dos anos oitenta, pero que non chegou a ver publicada.

A profesora da Universidade da Coruña, María Pilar García Negro, leva a cabo un fondo estudo introdutorio sobre a obra de Novoneyra e a súa conexión coa cidade (“En Lugo, na miña ciudá, onde comencei a dormir normalmente”, escribe o poeta en 1960). E o pintor Blas Lourés ilustra, pola súa banda, algunhas das páxinas aquí rescatadas.

GRAN LUGO DE NEBRA abarca cinco décadas de vida e devoción pola cidade amurallada, dende 1955 ata 1999, ano do falecemento do escritor.

O autor/a

O autor/a

Uxío Novoneyra (Parada de Moreda-O Courel, 1930 – Santiago, 1999), fillo de labradores, comezou os seus estudos en Lugo para posteriormente trasladarse a Madrid a cursar Filosofía e Letras. Viviu en Lugo, Madrid, O Courel e Santiago de Compostela. Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega dende 1983 ata o seu falecemento. É autor dos seguintes poemarios: Os eidos (1955), Elegías del Caurel y otros poemas (Ed. Bilingüe, 1966), Os eidos-2 (1974), Poemas caligráficos (1979), Os eidos. Libro do Courel (1981), Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela (1988), Tempo de elexía (1991), Poemas da doada certeza (1994) e Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago (1999).


Revista de Prensa

18/01/2010, A Nosa Tera, "‘Homenaxe de Novoneyra a Lugo"
26/12/2010, Diario de Ferrol, Nordesía, "‘Ano Novoneyra, a traca final"
15/12/2010, El Pais, "‘A narrativa arrepónse á crise e repunta contra a fin de ano"
05/12/2010, Caderno da crítica, "‘Novoneira 2010. Dúas últimas achegas"
02/12/2010, El Correo Gallego, "‘Doce inéditos de Uxío Novoneyra"
27/11/2010, El Progreso, "‘Gran Lugo de nebra’ cumpre o soño do Uxío Novoneyra inédito, esquecido, disperso e lugués"
26/11/2010, Deputación de Lugo, "‘Antón Bao asistiu á presentación do libro "Gran Lugo de Nebra", da editora Alvarellos"
27/11/2010, Xornal de Galicia, "Novoneyra pensa en Lugo"
27/11/2010, El Correo Gallego, "Doce inéditos de Uxío Novoneyra con Alvarellos "
27/11/2010, Galicia Hoxe, "Editan doce inéditos de Uxío Novoneyra "
26/11/2010, La Voz de Galicia, "Presentan hoy un libro con doce poemas inéditos de Uxío Novoneyra"



GRAN LUGO DE NEBRA presentouse na Galería Sargadelos. Lugo. 26/11/2010
. GRAN LUGO DE NEBRA presentouse na Galería Sargadelos. Lugo.


PREZO: 14,00 €





ISBN: 978–84–89323–64–3 Páxs: 140 Medidas: 13x23 cms Ilustracións: Xesús Blas Lourés, Tino Grandío e o propio autor. Encadernación: capa dura Data de publicación 1ª edición: novembro, 2010

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


POEMAS DE RUXIDO E BARRUZO
Prezo: 8 €
CORRESPONDENCIA [1928-1958]
Prezo: 24 €
SONETOS PREPOSICIONAIS
Prezo: 9 €
CARTAFOL DE MIRAXES
Prezo: 11 €

ROSA TÁNTRICA
Prezo: 12,5 €
[AGOTADO] TEORÍA DE GALICIA
Prezo: 22 €
ANTÍDOTO
Prezo: 14 €
SOBRE RUÍNAS
Prezo: 11 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.