BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Facsímiles [S. XVIII-XX]


ESPAÑA SAGRADA

(Teatro geográfico histórico de la Iglesia de España)

Henrique Flórez e Manuel Risco

A GRAN ENCICLOPEDIA IBÉRICA DO SÉCULO XVIII
A España Sagrada é unha das empresas historiográficas máis monumentais e consistentes de España. Unha enciclopedia en 52 volumes que viu a luz no século XVIII. Foi concebida polo relixioso burgalés Henrique Flórez, que escribiu os 29 primeiros volumes, continuada a súa inxente labor por Manuel Risco, e xa finalmente por Merino e La Canal. Flórez, que inicia a publicación desta inxente obra en 1747, dividiu a península ibérica por dióceses, das que estuda a fundación, moedas, monumentos, inscricións, manuscritos, bispos, abades, santos, igrexas e monumentos. Malia súa concepción relixiosa, estamos unha obra imbuída da nova ideoloxía do momento, procedente de Francia: a Ilustración. Henrique Flórez intenta facer un traballo metódico e crítico achegándose para isto ás fontes, sendo o seu lugar de traballo cabildos, bibliotecas, arquivos e museos. Busca a verdade histórica e faino cun estilo claro, conciso, con naturalidade. A España Sagrada é, polo tanto, non só unha obra histórica, senón tamén un catálogo fondo e documentado do seu tempo. Alvarellos Editora emprendeu en 1989 a publicación dos volumes relacionados con Galicia. En 2005 son doce os tomos publicados, editados en tapa dura e a todo luxo (cun cómodo tamaño de 16x21 centímetros), e que corresponden a Santiago, Lugo (dous tomos), Ourense, Tui (dous tomos), Mondoñedo, Braga, Oporto, Coimbra e Astorga, máis o Índice General de toda a obra (dos 52 volumes). - Índice Obra Completa - Tomo XIV - Coimbra - Tomo XIX - Santiago - Tomo XL - Lugo 1 - Tomo XLI - Lugo 2 - Tomo XV - Braga - Tomo XVI - Astorga - Tomo XVII - Ourense - Tomo XVIII - Mondoñedo - Tomo XXI - Porto - Tomo XXII - Tui 1 - Tomo XXIII - Tui 2

O autor/a

O autor/a
Henrique Flórez (Villadiego, Burgos, 1702 – Madrid, 1773). Del comenta Marcelino Menéndez y Pelayo: “Si quisiéramos cifrar en una obra y en un autor la actividad erudita de España durante el siglo XVIII, la obra representativa sería la España Sagrada y el escritor, Fray Henrique Flórez, seguido a larga distancia por sus continuadores. No ha producido la historiografía española monumento que pueda parangonarse con éste, salvo los Anales de Zurita, nacidos en otro siglo y en otras condiciones”. Flórez foi un gran teólogo, numismático, xeógrafo, historiador e curioso naturalista. Outras obras súas son: Mapas de todos los sitios de batallas que tuvieron los romanos en España, La Cantabria ou os cinco volumes da súa Theologia Scholastica (1772-1738). O Padre Risco (Haro, 1735 - Madrid, 1801) chamábase realmente Juan Manuel Martínez Ugarte. Crego agostiño e eminente historiador. Coa axuda de Carlos III publicou, á morte de Henrique Flórez (1773), os volumes XXVIII e XXIX da España sagrada, que aquel deixara en manuscritos, e continuou a enciclopédica tarefa cos volumes do XXX ao XLII. É tamén autor de La Castilla y el más famoso castellano (1792).




Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.