BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Google Plus

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Google Plus

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas literarias
  • Distribución
  • Contacto

Eliminados


[AGOTADO] ARRAIANOS Nº VII

A vida nas aldeas

VV. AA.


A revista Arraianos principia nova etapa. O número VII está xa á venda. Un monográfico de 158 páxinas, maquetado a toda cor e con amplo despregue gráfico, centrado na vida nas aldeas e o abandono do rural.

A incorporación de destacados colaboradores, un novo deseño a toda cor e novas e máis amplas seccións, marcan a nova xeira da revista Arraianos, unha publicación de referencia promovida pola Asociación Arraianos e dirixida polo xornalista Aser Álvarez. Dende o número VII, correspondente a este mes xaneiro de 2008, pasa a ser publicada e comercializada por Alvarellos Editora

Medio cento de colaboradores participan neste novo número, entre antropólogos, xeógrafos, xornalistas, arquitectos, politólogos, escritores, críticos literarios, fotógrafos, biólogos, etc. Atópanse firmas tan destacadas como Pedro de Llano, Agusto Pérez Alberti, Marcial Gondar, Francisco Sineiro, Plácido Lizancos, Xosé Manuel Pereiro, Anxo Angueira ou J.J. Moralejo, entre outros.

Trátase dun monográfico sobre “A vida nas aldeas” e as fondas transformacións –o abandono do rural– que presidiron o último cuarto de século.

Extractamos un párrafo do editorial, titulado “Quen anda aí?”:

No tocante ao rural, seguimos entre a ideoloxía da maquinaria pesada e o quilovatio, a barbarie progresista, e a procura romántica do ser nacional embaixo da boina dos paisanos, do Santo Grial no rabo dunha vaca. Miseira mental e política (ou prepolítica). Populismo, clientelismo, anarco-capitalismo, simple desleixo, delincuencia pura e dura... Non hai trapallada que non atope aquí a súa patria. (Páx. 5).

Malia ter só dous anos de vida, e seis números publicados, a revista Arraianos converteuse xa neste tempo en todo un referente no eido do pensamento e da reflexión colectiva do país. A publicación abandeira o “espírito do movemento arraiano”, que ten o seu cerne nas terras do Val do Limia, e dende esta patria intenta entender o universo todo.

O seu director, Aser Álvarez, afirma que con este monográfico “o que quixemos facer é comezar a pensar na vida nas aldeas. Tras a brutal despoboación e deterioro do medio rural sufridos nos últimos anos preguntámonos agora “Quén anda aí”?”.

O número VII de Arraianos fala dos caciques, das aldeas abandonadas, da Raia Seca, das perspectivas da economía rural, e mesmo dos escornabois ou dos lobos. Conta ademais con seccións fixas de crítica literaria (Andel de libros), fotografía (Manuel Sendón, Ramón Godás) e creación (Fernández Naval, Niebro, Olga Novo, Chus Pato, Rábade Paredes, Daniel Salgado, Elvira Riveiro...).



A revista <i>Arraianos</i> preséntase en Ourense ante un auditorio dun cento de persoas 02/02/2008
. A revista Arraianos preséntase en Ourense ante un auditorio dun cento de persoas
A revista <i>Arraianos</i> principia nova etapa coa publicación dun monográfico sobre 14/01/2008
. A revista Arraianos principia nova etapa coa publicación dun monográfico sobre "a vida nas aldeas"


PREZO: 10,00 €

OFERTA 3,00





Revista: Arraianos Número: VII. Contido: Monográfico sobre “A vida nas aldeas” Data: Xaneiro 2008 Páxinas: 156 Medidas: 17 x 24 cms Idioma: galego (e portugués) ISSN: 1698-9953

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


[AGOTADO] XUDEUS E CONVERSOS GALEGOS
Prezo: 5,9 €
ANTÍFONA DA REDENCIÓN
Prezo: 5,9 €
BENITO VICETTO IÑORADO
Prezo: 5,9 €
LOS JUDÍOS DE RIBADAVIA
Prezo: 5,9 €

70 AÑOS EN CLAVE DE FA
Prezo: 5,9 €
HISTORIA DE LA MÚSICA ANTIGUA
Prezo: 5,9 €
HISTORIA DE PONTEVEDRA
Prezo: 5,9 €
BOTEI CORENTA ANOS
Prezo: 5,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2019 Todos os dereitos reservados.