BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Colección Rescate [clásicos]


RETORNO A IRIA FLAVIA [CENTENARIO DE CJC 1916-2016]

Obra dispersa y olvidada, 1940-2001

Camilo José Cela

CENTENARIO DE CJC 1916-2016

Camilo José Cela, Premio Nobel e xenio universal das Letras, sentíase fondamente galego, consciente de pertencer a unha cultura singular. Retorno a Iria Flavia é unha viaxe definitiva de regreso á súa terra.

Medio cento de traballos nos que Galicia é o cerne da súa creación e reflexión –artigos, ensaios, epistolarios– constitúen esta primeira antoloxía “galega” da súa obra. Aparecen agora reunidos por vez primeira nun libro dende o seu su primeiro artigo, escrito en 1940 e dedicado a Emilia Pardo Bazán, até as derradeiras columnas publicadas no diario ABC pouco antes do seu pasamento.

Engádense a estes traballos catro documentos –un deles inédito– da correspondencia mantida con senlleiros representantes da actividade política e cultural nacionalista galega de preguerra, algúns dos que traballaban na súa reactivación nos anos 50: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Fernández del Riego e Celso Emilio Ferreiro.

Como colofón, reprodúcense varios manuscritos e unha galería gráfica con fotos pouco divulgadas e algunhas inéditas.

Retorno a Iria Flavia é, en definitiva, unha mostra patente de sesenta anos continuados de relación fondamente afectiva e mutuamente enriquecedora entre o escritor e o seu país natal.

Ver tres capítulos da obra (pdf): - Crítica á pintura de Isaac Díaz Pardo publicada en 1948 - Carta enviada en 1953 a don Ramón Otero Pedrayo - Manuscrito de 1997

O autor/a

O autor/a

CAMILO JOSÉ CELA (Iria Flavia-Padrón, 1916-Madrid, 2002). Premio Nobel de Literatura en 1989. Premio Nacional de Literatura en 1984 pola súa obra Mazurca para dos Muertos. Premio Príncipe de Asturias de las Letras en 1987. Premio Planeta en 1994 con La cruz de San Andrés e Premio Cervantes en 1995. Cultivou todos os xéneros literarios e conseguiu erguer un universo estético propio e unha forma de escribir única. A súa primeira obra foi un poemario, Pisando la dudosa luz del día (1936), e a súa primeira e popular novela, La familia de Pascual Duarte (1942). A triloxía de novelas sobre Galicia (país ao que dedicara a Mazurca para dos muertos e La Cruz de San Andrés) pechouse coa publicación, en novembro de 1999, da súa última obra, Madera de boj. (Foto da esquerda: A Coruña, 1948)


Revista de Prensa

30/05/2016 La Voz de Galicia  A galeguidade rotunda de Cela. Por Carlos Caneiro

25-02-2016 Entrevista Faro de Vigo a Olivia Rodriguez

El Progreso, 21/12/2006

El Pais, 21/12/2006

La Voz de Galicia, 21/12/2006

El Correo Gallego, 21/12/2006

Galicia Hoxe, 21/12/2006



<i>Retorno a Iria Flavia</i> preséntase na Coruña 01/02/2007
. Retorno a Iria Flavia preséntase na Coruña
Santiago acolleu a presentación de <i>Retorno a Iria Flavia</i> 20/12/2006
. Santiago acolleu a presentación de Retorno a Iria Flavia


Ver portada en alta resolución

PREZO: 20,00 €





252 pp | 14 x 21 cms | tapa dura ISBN-13: 978-84–89323–08–7 ISBN-10: 84–89323–08–9 1ª edición: novembro, 2006

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


La movilidad estudiantil en Europa y América (siglos XIII al XXI)
Prezo: 19,5 €
MÁS ALLÁ DEL TIEMPO
Prezo: 5,9 €
Libreta lorquiana modelo FROITOS
Prezo: 3,9 €
SAN FRANCISCO DE ASÍS
Prezo: 29 €

ANTÍDOTO
Prezo: 14 €
GALAICOS. Un pobo entre dous mundos [Edición en galego]
Prezo: 24 €
APUNTES HISTÓRICOS SOBRE SANTIAGO
Prezo: 22 €
Santiago de Compostela desde dentro [Edición en galego]
Prezo: 14,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.