A gastronomía galega amplía os seus horizontes. Este libro é toda una novidade no riquísimo panorama gastronómico galego e español, unha obra que nos abrirá os ollos a un mundo de novas sensacións, sabores e texturas.
A proposta máis imaxinativa da Nova Cociña Galega, todo un tratado sobre a ortiga como ingrediente con cualidades excepcionais para a cocina doce ou salgada, exquisita en revoltos, empanadas, cremas, potaxes, xeados...
A ortiga é unha herba até hoxe menosprezada pero que xa era utilizada polos romanos. Posúe importantes propiedades medicinais, é estimulante do aparato dixestivo, combate o reúma, é antianémica, diurética e reconstituínte. 45 recetas con ortigas é todo un descubrimento para unha cociña coa calidade e tradición da galega.
HISTORIA, PROPIEDADES E CULTIVO
Á parte do amplo e variado receitario, este volume –que inaugura a colección “A lume lento” de Alvarellos Editora– inclúe dous textos introdutorios de dous xornalistas e escritores especialistas en gastronomía, Miguel Vila Pernas e Guillermo Campos, nos que se deteñen na historia culinaria desta pranta, e tres apéndices coas propiedades beneficiosas das ortigas, o seu cultivo, e finalmente un breve léxico gastronómico.
Martín Álvarez González (Ourense, 1974) é profesor de Cociña do Instituto de Ensinanza Secundaria de Vilamarín (Ourense). Preside a Asociación Cultural As Ortigas –un colectivo que loita por prestixiar as propiedades da pranta Urtica dioica– e é autor de numerosos traballos gastronómicos, entre eles, o volume Estrugas (2006). Comezou a súa carreira profesional no Instituto no que hoxe exerce como docente. Nel cursou estudos de Hosteleiría e aquí aprendeu “dende a limpar un polo ata os porqués dunha cociña creativa e experimental”. Máis tarde diplomouse en Empresas e Actividades Turísticas poa Escola Universitaria Cebem de Vigo e perfeccionaría o seu saber xunto ao chef Moisand no restaurante do hotel Westminster de París. 45 recetas con ortigas é o resultado da súa especial vocación e interese por descubrir novos camiños para a cocina tradicional de Galicia.