BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO

La edición clandestina de 1938

Anónimo

O libro clandestino da guerra civil en Galicia

80 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA EDICIÓN DE 1938

Os atroces acontecementos que sacudiron as provincias de Pontevedra e A Coruña entre agosto e decembro de 1936. Narrados por quen os viviu e sofriu. Galicia bajo la bota de Franco apareceu por primeira vez en castelán e francés en 1938 en Buenos Aires e París.

Unha crúa reportaxe periodística de autores anónimos onde se descrebe, con feroz realismo, o día a día en Vigo, A Coruña, Pontevedra, Santiago, Nigrán, Tui… nas tráxicas xornadas que seguiron ao golpe de Estado do xeneral Franco.

ALVARELLOS EDITORA reedita unha obra tan dura nos seus contidos como fundamental para coñecer e reflexionar sobre a dimensión duns feitos que endexamais poden volver a repetirse.

A presente edición conta cun Limiar e notas ao texto a cargo do historiador Carlos Fernández Santander (A Coruña, 1944), autor dunha das biografías máis completas sobre Franco e de máis de trinta libros sobre a guerra civil española e as catro décadas de dictadura que a seguiron. Ademais deste estudo de Fernández Santander, a presente edición complétase con tres Apéndices onde se narran outros escenarios da represión franquista en Galicia non recollidos no libro (a comarca do Deza, Lugo ou Ourense), apórtase un listado de falanxistas coruñeses de 1938, e un práctico índice cos centos de nomes de víctimas e verdugos que aparecen citados ao longo das case 300 páxinas desta reveladora edición. Fernández Santander cita, no seu prólogo, a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores de Galicia bajo la bota de Franco “un libro –di– que tuvo en su momento una gran difusión, pues se publicó tanto en castellano como en francés, y por varias editoras”.

UNHA NARRACIÓN VIBRANTE, ÉPICA E DE DENUNCIA ANTE EUROPA

Carlos Fernández define este libro como un instant-book da época, cun estilo “vibrante, ágil, combatiente, en ocasiones épico, donde se cita sin ningún reparo nombres de víctimas y represores, con una narración clara y periodística y un propósito bien claro: denunciar al mundo lo que está ocurriendo en Galicia, donde sólo en cinco meses de 1936, de agosto a diciembre, varios miles de personas habían sido fusiladas, o asesinadas –que para el caso era lo mismo– sin más ‘delito’ que profesar unas ideas o ser autoridad, en mayor o menor grado, de un Gobierno que había ganado las últimas elecciones generales, en febrero de 1936, de forma democrática”.

INTERVENCIÓN DE ISAAC DÍAZ PARDO NA PRESENTACIÓN DA OBRA NA CORUÑA EN 2005 (AUDIO DE 4 MINUTOS):

» Escoita a Isaac Díaz Pardo na presentación da obra (A Coruña, 15/12/05)

INTERVENCIÓN DE XESÚS ALONSO MONTERO NA PRESENTACIÓN DA OBRA EN VIGO EN 2005:

» Conferencia do profesor Xesús Alonso Montero na presentación en Vigo de Galicia bajo la bota de Franco (3/2/06).



Ver interior

O autor/a

O autor/a

Galicia bajo la bota de Franco é un libro anónimo e coral. Non obstante, o prologuista desta edición, Carlos Fernández Santander, cita a Luís Seoane e Manuel Domínguez Benavides como probables autores.

Á esquerda, reprodución da capa orixinal da edición francesa (1938).


Revista de Prensa

“Un libro casi septuagenario escrito con un estilo vibrante, ágil, combatiente y en ocasiones épico, con el que hay que contar para recuperar la memoria histórica de un tiempo apasionado”. CARLOS FERNÁNDEZ, en “Culturas” de LA VOZ DE GALICIA,



31/12/05 “Rescatada del olvido una obra clave sobre represión en Galicia”. CARMEN ESCRIGAS, en EL CORREO GALLEGO,



16/12/05 “Unha desgarradora reportaxe xornalística onde os autores describen, dende o anonimato e con feroz realismo, as tráxicas xornadas que seguiron ao golpe franquista en cidades e vilas da Coruña e Pontevedra”. SUSO VARELA, en LA VOZ DE GALICIA



31/12/05 "A reedición de "Galicia bajo la bota de Franco" (...) constitúe unha estremecedora e detallada crónica daqueles primeiros días nos que foron asasinados en Vigo, entre outros, o primeiro alcalde da Segunda República, Blein Budiño, e o propio alcalde socialista Emilio Martínez Garrido". MANUEL BRAGADO, en Faro de Vigo, 29/01/06.




• O suplemento “Culturas” do diario La Voz de Galicia cualificou este libro como un dos ensaios do ano 2005 (31/12/05).


Presentación en Vigo de <i>Galicia bajo la bota de Franco</i> 03/02/2006
. Presentación en Vigo de Galicia bajo la bota de Franco
Alvarellos Editora presenta na Coruña o libro clandestino da Guerra Civil en Galicia 15/12/2005
. Alvarellos Editora presenta na Coruña o libro clandestino da Guerra Civil en Galicia


Ver portada en alta resolución

PREZO: 17,00 €





Formato: 13x23 cms 281 pp. ISBN: 978-84-89323-21-6 Lingua: castelán Medidas: 13,5 X 23 Edición príncipe: 1938 1ª edición en Alvarellos Editora: 2005 2ª edición en Alvarellos Editora: 2017 Material complementario: Limiar e edición anotada por Carlos Fernández Santander. Tres Apéndices: "Otros escenarios: Lalín, Lugo y Ourense", por Enrique Alvarellos Iglesias; "Falangistas coruñeses del año 38", por Carlos Fernández, e Índice completo de nomes.

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


FALANDO CLARO
Prezo: 15 €
¡Viva la libertad!
Prezo: 21,9 €
Aramados
Prezo: 17,5 €
LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO
Prezo: 22 €

CARTAS DE UN CONDENADO A MUERTE
Prezo: 18,5 €
CORRESPONDENCIA [1928-1958]
Prezo: 24 €
[AGOTADO] REPRESIÓN, SOLIDARIEDADE E RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA
Prezo: 3 €
Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en galego]
Prezo: 19,8 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.