BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Google Plus

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Google Plus

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas literarias
  • Distribución
  • Contacto

Facsímiles [S. XVIII-XX]


OBRAS DEL CURA DE FRUÍME (7 tomos)

Diego Antonio Cernadas y Castro

A OBRA COMPLETA DO PRIMEIRO GALEGUISTA E O PRIMEIRO XORNALISTA GALEGO
Encontrámonos ante unha desas obras fundacionais da cultura de Galicia. A edición facsímil —en sete tomos e encadernada a todo luxo— recupera a obra completa de Cernadas y Castro publicada en Madrid en 1778 (un ano despois do falecemento deste crego ilustrado). A maior parte dos escritos do Cura de Fruíme están en castelán, pero tamén escribiu singulares pezas en galego. Tal e como subliña o seu estudoso Xosé Manuel Rivas Troitiño, Fruime “quizais fora o escritor de maior produción en galego nese século. Ademais, xustificou o uso do galego como idioma literario nunhas célebres décimas á marquesa de Camarasa. Para Benito Vicetto, Neira de Mosquera ou Couceiro Freijomil foi o poeta máis popular que houbo en Galicia”. O Cura de Fruíme foi un fecundo escritor, en prosa, verso e teatro. Nos seus textos sobre temas galegos amosa un fondo galeguismo e clama con indignación contra as inxustizas das que era víctima Galicia. Diego Antonio Cernadas y Castro está aínda hoxe inxustamente olvidado, razón pola que nos prace especialmente incluír no noso catálogo a súa obra completa.

O autor/a

O autor/a
Diego Antonio Cernadas y Castro (Santiago, 1702- Lousame, 1777), máis coñecido como o Cura de Fruíme (pois adoptou o nome dunha parroquia do Concello de Lousame, próxima a Noia, onde viviu preto de 50 anos) é quizais a figura literaria máis notable de Galicia no século XVIII. Considerado o primeiro galeguista e tamén o primeiro xornalista galego, combinou a súa labor pastoral cun amplísimo traballo intelectual.




PREZO: 195,00 €





Páxinas (total dos 7 volumes): 2.897 Lingua: castelán (principalmente) e galego PVP: 195 € (os 7 tomos; a venda é conxunta) Colección: Facsímiles Século XVIII Ano edición príncipe: 1778 Ano edición facsímile: 1988 Medidas: 15,5 x 21 cms. ISBN obra completa: 84-85311-74-4

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2019 Todos os dereitos reservados.