Pasear con García Lorca pola súa amada Compostela. Escoitalo recitar, cantar ou tocar o piano, observar como debuxa, como escribe, con quen fala, que lugares visita… Esta é a crónica do poeta andaluz que nos presenta Henrique Alvarellos, a dun escritor que se definiu como “poeta galego”. Federico García Lorca viviu nesta cidade momentos inesquecibles.
Un volume ilustrado con máis de setenta documentos e fotografías, ademais de numerosas anécdotas e testemuños, moitos deles moi descoñecidos. Inclúe o trazado da primeira
ruta lorquiana pola cidade de Santiago de Compostela.
FASCINADO POR COMPOSTELA
Santiago de Compostela deixou fascinado a Federico García Lorca. Xa aos 18 anos, en 1916, cando descubrira a cidade durante unha viaxe de estudos por Galicia, escribiría «Esto me hipnotiza». Regresará a Compostela tres veces máis, todas en 1932, ben como conferenciante, sempre como famosísimo poeta e tamén como director de La Barraca. En Santiago é recibido, arroupado e agasallado coa admiración e a sincera amizade de toda unha xeración de estudantes e intelectuais que, naquel ano de ouro da República, inzan as rúas da medieval cidade coa súa nova ansia de cultura, galeguismo e liberdade.
Este libro é a crónica detida e minuciosamente documentada desta relación do poeta coa cidade.
En Santiago, García Lorca dá a coñecer algúns dos versos inéditos de Poeta en Nueva York, debuxa, canta e toca o piano no Hotel Compostela, vivirá unha memorable noite teatral na Quintana e será retratado por Carlos Maside e Luís Seoane. Compostela é, finalmente, o fogar editorial dos Seis poemas galegos, esa impagable ofrenda literaria que o granadino tributará á nosa lingua e cultura.
UNHA RUTA CON 14 LUGARES IMPRESCINDIBLES
O presente libro camiña con Lorca polas rúas da cidade e relata polo miúdo estes días únicos (con quen está, que fala, que visita...). Tamén recolle as súas impresións cando regresa a Madrid ou na súa viaxe a Bos Aires, onde falará de nós con enorme entusiasmo. O volume aporta numerosos datos e tamén máis de setenta ilustracións e documentos, algúns deles moi descoñecidos. E conclúe co rescate de valentes testemuños que, despois do seu asasinato, teimaron por manter viva, durante a longa noite de pedra, a memoria deste Lorca en Compostela. Como colofón, nesta obra trázase a primeira Ruta lorquiana por Compostela, onde se identifican e documentan 14 lugares imprescindibles.
Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é escritor, editor e promotor cultural. Licenciado en Filoloxía Hispánica e Máster en Medios de Comunicación, dirixe Alvarellos Editora desde 2004 e é autor de varios libros. En 2018 rescatou a crónica esquecida da primeira viaxe de de Lorca a Galicia en 1916, que publicou como El gran viaje de estudios de García Lorca e no mesmo ano preparou a edición facsimilar e ilustrada dos Seis poemas galegos, título que recibiu o Premio ao Mellor Libro Editado de Galicia. En 2020 traduciu ao galego Medio pan e un libro (Kalandraka), a conferencia pronunciada por Lorca en 1931 na inauguración da biblioteca da súa localidade natal de Fuente Vaqueros. É tamén o impulsor do Día de García Lorca en Galicia, celebrado desde 2018 cada 25 de outubro.
![]() |
Eugenio Granell: regreso de un surrealista exiliado |
Prezo: 23,9 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo NEGRITA |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo FLOREIRO |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO |
Prezo: 22 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo BIFACE |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo PIERROT |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO |
Prezo: 17 € |