BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Varia [Singulares. Fóra de Colección]


Aramados

Os meus nove meses polos campos de concentración de Francia

Manuel García Gerpe (Traducido por Miro Villar)


Aramados é un dos libros “perdidos” do exilio republicano galego e español. Escrito no campo de concentración francés de Septfonds durante 1939, o seu autor é o avogado, político, xornalista e escritor galego natural de Ordes Manuel García Gerpe quen, en febreiro de 1939, xunto con miles de exiliados en condicións extremas, tivo que cruzar a fronteira francesa para confinarse en varios campos para refuxiados, entre eles, o de concentración de Septfonds, na rexión de Mediodía-Pireneos. 

Despois de nove meses durísimos consegue axuda dende Buenos Aires e logra embarcar a finais de 1939. Na cidade porteña continúa a súa loita contra a ditadura.  Unha das primeiras accións será publicar Alambradas (Editorial Celta, Buenos Aires, 1941) a crónica ficcionada dos seus nove mese no campo de concentración francés. Pouco máis tarde, aflixido e enfermo, falece un 4 de xullo de 1949.

Medio século despois, en 2019, o poeta, tradutor e profesor Miro Villar (Cee, 1965) afronta a tradución de Alambradas / Aramados, unha crónica que rescatamos este 2020 e que non volvera ser editada dende 1941.

Dende Buenos Aires, escribe García Gerpe o 14 de abril de 1941:

“Móveme e impúlsame tan só a dor dos meus compatriotas; que por ser deles é miña. Máis de 150.000 refuxiados españois, que levan dous anos longos de cativerio entre aramados, continúan hoxe, presos desta dor, flotando en toda clase de enfermidades, loitando coa morte, tan desafiuzados, tan afastados e esquecidos do mundo como nos primeiros días do noso martirio, cando aínda non se expandira aos catro ventos a inmensa dor dun pobo escravizado”.

No Limiar, o tradutor, Miro Villar afirma:

“Non oculta o autor o duro debate político entre os propios refuxiados, o que acontece no exterior e mesmo noutros campos, a través da correspondencia que reciben, ou a discusión política sobre os criterios á hora de escolleren as persoas que poderán exiliarse nalgún dos barcos que se están a preparar, nun proceso cheo de dificultades (...) que revelan en ocasións a baixeza humana en situacións límite”.
 



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Manuel García Gerpe nace en Ordes un 29 de abril de 1908. Licénciase en Dereito pola Universidade de Santiago en 1931 e durante a República participa activamente na vida política e social galega. Dirixe Izquierda Republicana na súa comarca de Ordes, e apoia a campaña a prol da Frente Popular que gañará as eleccións de febreiro de 1936. Nos días do Golpe de Estado de Franco, Gerpe pode salvar a vida por atoparse casualmente en Madrid. Involúcrase entón na resistencia e enrólase nas Milicias Populares. Loita en Madrid, Aragón e Catalunya. Ao final da guerra alcanzará o rango de Capitán do Corpo Xurídico Militar do Exército Republicano. Exiliado en Buenos Aires, aflixido e enfermo, morre o 4 de xullo de 1949.





Ver portada en alta resolución

PREZO: 17,50 €





Pp: 166. Formato 15 x 20 cms. ISBN 978-84-16460-83-0

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


FALANDO CLARO
Prezo: 15 €
FERNANDO ALSINA E O SEU 'DIARIO DE GUERRA'
Prezo: 22 €
GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO
Prezo: 17 €
¡Viva la libertad!
Prezo: 21,9 €

Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en castelán]
Prezo: 19,8 €
CORRESPONDENCIA [1928-1958]
Prezo: 24 €
Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en galego]
Prezo: 19,8 €
Memorias dun loitador antifranquista
Prezo: 22,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.