BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


¡Viva la libertad!

La silenciada historia del maestro Fernando Barcia en el Santiago de la segunda República

Miguel Paz Cabo


Fernando Barcia Veiras é unha das figuras máis destacadas do Santiago republicano, non obstante, o seu nome permaneceu ata o día de hoxe no esquecemento, incluso dos seus propios compañeiros. Presidiu a Asociación Socialista de Santiago dende 1931 ata o seu asasinato en 1938; mestre rural e presidente da Asociación de Traballadores do Ensino, desempeñou un papel fundamental durante os meses do goberno da Fronte Popular e na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. A súa relevancia política e o seu carácter levárono finalmente a presidir o Comité Executivo para a Defensa da República, encargado de organizar a resistencia ao golpe de estado de xullo de 1936.

Esta obra rescata a súa figura e, coa axuda de fontes orais, arquivos familiares e militares, hemerotecas, etc., reconstrúe, a través da súa vida, a historia do Santiago republicano, as súas rúas e tendas, o seu bulicio e os seus protagonistas. Juan Jesús González, Jesús Parrado, Ramona Blanco, volven visitar estes lugares atopándose con sinistros personaxes como Otilia Ulbricht ou Víctor Muñoz. Unha reconstrución histórica que nos permite reflexionar sobre o significado e o alcance da represión franquista.

Este ensaio –que equilibra perfectamente o rigor documental e a claridade da exposición– enriquécese con máis de cincuenta imaxes e documentos –que inclúen as cartas de despedida de Fernando Barcia– e 17 ilustracións do pintor Alfonso Martínez. Inclúe, por fin, e por primeira vez, unha ruta completa polo Santiago republicano.
 



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Miguel Paz Cabo (Santiago de Compostela, 1985) é especialista en Historia Contemporánea, licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Política de Medios, Mapas e Ferramentas para unha Nova Cultura de Cidadanía pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Psicopedagoxía pola Universidade de Barcelona. Profesor de Xeografía e Historia na educación pública, é investigador e activista da memoria democrática. O seu compromiso persoal coa busca do desaparecido Constante Liste Forján, veciño de Teo, e irmán de Enrique Líster, vinculouno co estudo deste municipio da rexión de Santiago, sobre o que realizou diferentes estudos e impartiu diversas conferencias. Participou no I Congreso Estatal de Vítimas de Franco coa comunicación “A represión franquista en Teo” e no 2012 coordinou a reunión de historiadores, arqueólogos, psicólogos e xuristas en homenaxe ás vítimas da ditadura celebrada no Consello de Teo. Tamén colaborou en diferentes exhumacións de vítimas do franquismo con asociacións para a recuperación da memoria histórica.
 





Ver portada en alta resolución

PREZO: 21,90 €





Pp: 264. Formato 13 x 23 cms. ISBN 978-84-16460-73-1

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


CARTAS DE UN CONDENADO A MUERTE
Prezo: 18,5 €
El Castillo de Soutomaior [Ed. en castelán]
Prezo: 20 €
Memorias dun loitador antifranquista
Prezo: 22,5 €
LA CIUDAD DONDE LAS PIEDRAS FLORECEN
Prezo: 9 €

GALLEIRA PASSPORT
Prezo: 19 €
Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en galego]
Prezo: 19,8 €
Á PROCURA DA POESÍA
Prezo: 24 €
¿A qué altura está el cielo? [1ª edición en castelán]
Prezo: 18,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.