BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libretas lorquianas


Libreta lorquiana modelo FROITOS

Federico García Lorca


Alvarellos Editora lanza este outono cinco Libretas lorquianas. Trátase de cinco modelos ilustrados con debuxos que realizou o propio Federico García Lorca en Santiago de Compostela en maio de 1932.

 Os orixinais pertencen á Biblioteca do escritor e amigo de Lorca Carlos Martínez-Barbeito (A Coruña, 1913-1997) e permanecen hoxe no Arquivo da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. 

Foron cinco debuxos que Federico García Lorca incluíu como dedicatorias dos seus libros en dous exemplares para Martínez-Barbeito, un de Canciones e outro do Romancero gitano. Segundo testemuño do propio receptor, o poeta andaluz debuxounas en maio de 1932 no hall do Hotel Compostela onde se hospedaba, e utilizando dúas plumas estilográficas prestadas polo seu amigo galego.

Estas cinco ilustracións aparecen publicadas e comentadas –xunto con outras tamén realizadas en Composela– no libro Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora, 2020) de Henrique Alvarellos, que saíu á luz en outubro de 2020.

Cada un dos modelos de libreta leva un nome identificativo: Pierrot, Biface, Negrita, Floreiro e Froitos, facendo referencia aos motivos que as ilustran. 

García Lorca era tamén un orixinal e inspiradísimo artista plástico. Nos seus debuxos composteláns emprega técnicas superrealistas e liñas delicadas, aparecen elementos florais, rostros bifaces, e sobrevoa nalgúns deles a omnipresente idea da morte e do fracaso que define boa parte da súa obra poética e dramática.

COIDADA EDICIÓN E PRESENTACIÓN

As novas libretas lorquianas están cosidas a fío, teñen 64 páxinas e unha coidada presentación e edición con cartolina de capa Masterblank liño de 270 gr. e papel interior Coral Book W de 90 gr.
Pódense adquirir a través da web de Alvarellos Editora, www.alvarellos.info, e serviranse baixo pedido ás librarías que as soliciten.



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Federico García Lorca (Fuente Vaqueros-Granada, 1898 – Víznar/Alfacar-Granada, 1936) é hoxe o poeta español máis lido de todos os tempos, autor tamén en lingua galega dos Seis poemas galegos (1935). Integrante da castelá Xeración do 27 e da galega Xeración dos Novecentistas, é autor dunha selecta obra en verso (onde sobrancean os poemarios Romancero gitano, Poema del cante jondo ou Poeta en Nueva York) e teatral (con obras como Bodas de sangre, Yerma ou La Casa de Bernarda Alba). A súa poesía conecta dun xeito único a tradición popular coa vangarda. En 2018, coincidindo cos cen anos da publicación do seu primeiro libro (Impresiones y paisajes) e os 120 do seu nacemento, celebrouse, o 25 de outubro, o primeiro “Día de García Lorca en Galicia”, promovido por Alvarellos Editora. Ademais de escritor, cultivou unha orixinal e inspiradísima faceta de debuxante ou ilustrador, da que estas libretas lorquianas son unha pequena mostra. (Na imaxe, Garcia Lorca en Betanzos en maio de 1932).





Ver portada en alta resolución

PREZO: 3,90 €





64 pp. Tamaño: 9 x 13 cms. Cosida con fío vexetal. Cartolina capa: Masterblanck liño 270 gr. Papel interior: Coral Book W. 90 gr.

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


LIBRETAS LITERARIAS
Prezo: 12 €
Libreta lorquiana modelo BIFACE
Prezo: 3,9 €
Libreta modelo CASTELAO
Prezo: 2,6 €
SEIS POEMAS GALEGOS [Edición facsimilar e ilustrada]
Prezo: 14 €

Libreta lorquiana modelo PIERROT
Prezo: 3,9 €
Libreta modelo XINKGO
Prezo: 2,6 €
Libreta modelo SÓS
Prezo: 2,6 €
[AGOTADA] Libreta modelo SEREA
Prezo: 2,6 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.