BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? 3ª edición

NOVA EDICIÓN ACTUALIZADA E AMPLIADA

Jorge Mira


¿A que altura está o ceo? alcanza a súa terceira edición en galego ­–agora, ampliada e actualizada– ao tempo que aparece publicada tamén a primeira edición en castelán. Ambas chegan avaladas co recoñecemento do prestixioso Premio Ciencia en Acción que recibiu esta obra en 2017 na modalidade de Mellor Material Didáctico de Ciencia. Ademais, esta obra foi, en 2016, o 2º mellor ensaio galego do ano para as lectoras/es da revista Fervenzas Literarias e o 5º ensaio galego máis vendido tamén de 2016 segundo o Caderno da crítica.

A que altura está o ceo? Velaquí unha das preguntas que se leva formulando o ser humano desde os albores da súa existencia. Este libro vainos dar a resposta a esta cuestión... e a moitas outras. O físico e comunicador científico Jorge Mira realiza unha apaixonante viaxe no tempo. Comeza na época da Grecia clásica e chega ata os descubrimentos máis recentes sobre o Universo. 

Despois de ler estas páxinas poderemos responder a cuestións coma estas: ¿Por que vemos o ceo azul ou o Sol amarelo? ¿Como se puido saber a que altura están a Lúa, o Sol e os planetas? ¿Como é posible calcular o lonxe que está unha estrela ou unha galaxia?¿Cal é a idade do Universo? ¿E o seu tamaño? ¿Que quere dicir que o Universo se expande? ¿E a que v­elocidade o fai? ¿É certo que foi un cura quen primeiro falou do Big Bang?... 

Benvidas e benvidos a esta aventura. 

¡Boa viaxe espacial!

  • BOOKTRAILER


Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Jorge Mira (Baio, 1968) é físico e catedrático de electromagnetismo da Universidade de Santiago. Ten recibido numerosos galardóns pola súa brillante traxectoria académica e investigadora, como o Premio da Crítica Galicia de investigación, o da Real Academia Galega de Ciencias, ou o do Colexio Oficial de Físicos de España, e foi coautor de traballos co Premio Nobel 2019 John Goodenough. É tamén un recoñecido comunicador científico desde finais dos anos 90, varias veces premiado a nivel español. O seu estilo en prensa, radio e televisión caracterízase por unha especial capacidade para facer comprensibles as cuestións máis complexas da ciencia. Lidera diferentes iniciativas de divulgación, entre as que destaca o Programa ConCiencia, que atrae Premios Nobel a Galicia desde o ano 2006.


Revista de Prensa

25-01-2017 La Voz de Galicia "Jorge Mira: dentro de mil anos ninguén lembrará a Trump..."



16-06-2016 V Televisión ¿Quien se acuerda de Henrietta Leavitt?



25-05-2016 Televisión de Galicia. Telexornal Serán. A partir do minuto 51'35"



25-05-2016 El Correo Gallego El Big bang fue idea de un cura



07-04-2016 Que pasa na Costa. Entrevista a Jorge Mira



06-04-2016 Radio Galega Programa Milenio Entrevista a Jorge Mira. A partir do minuto 10'30"



30-03-2016 V Televisión Programa "Historias del Tiempo". 



27-03-2016 Televisión de Galicia María Solar entrevista a Jorge Mira na "Revista".



23-03-2016 Caderno da Crítica Por Ramón Nicolás



12-03-2016 La Voz de Galicia Jorge Mira pone el universo al alcance de los lectores



12-03-2016 Faro de Vigo ¿A que altura está o ceo?



11-03-2016 Agencia EFE Jorge Mira desvela en su nuevo libro dudas históricas sobre la humanidad



09-03-2016 El Correo Gallego. Jorge Mira publica novo libro



09-03-2015 Radio Galega. Programa Galicia por Diante. A partir do minuto 45



02-03-2015 La Voz de Galicia Edición Carballo Jorge Mira y Mercedes Queixas suman libros






Ver portada en alta resolución

PREZO: 18,50 €





13 x 23 cm. 130 pp. ISBN 3ª edición: 978-84-16460-77-9

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


La movilidad estudiantil en Europa y América (siglos XIII al XXI)
Prezo: 19,5 €
O XORNAL NA CLASE DE MATEMÁTICAS
Prezo: 14 €
MIGRACIONES Y SANIDAD
Prezo: 21 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.