BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


Os exilios que somos

[Fotopoemas]

Irene Tomé e Xabier Ron


Versos e imaxes que loitan contra o esquecemento imposto, contra os silencios herdados. Poemas e fotografías que evocan unha memoria persoal que é tamén común a centos, a miles de familias galegas e españolas que viviron a lousa da guerra civil e da ditadura.

 Versos mancados, espazos en branco e síncopes como atrancos da memoria. Canda eles, imaxes que buscan ocos de luz entre densas brumas; retratos de fendas, depósitos de cinsas... Mais tamén, fronte a todo, os rostros da dignidade e da resistencia.

É a historia que turra de nós, que porfía, por non estar resolta aínda.

Somos Xabier Ron Fernández (Lyon, 1969) e Irene Tomé Urresti (A Coruña, 1985), docente e xornalista que compartimos o mesmo ollar sobre a memoria histórica e democrática do noso país. Por medio de fotografías, que se foron facendo durante os últimos quince anos, acompañadas de poemas, queríamos dar voz, dentro da súa dificultade, á memoria das persoas que viviron a guerra ou o exilio dende unha experiencia persoal, que soe ir da man de silencios e esquecemento; aínda que tamén de resistencia e de experiencias propias que dan lugar a reflexións compartidas. Este é o xerme do presente fotopoemario. 

 

Traballa na aula con esta obra  [Unidade Didáctica]


Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Xabier Ron é doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Irene Tomé é xornalista e investigadora sobre Memoria Histórica na mesma universidade, e ambos investigan no campo do Discurso e da Memoria Histórica. No eido da poesía, publicaron en 2017 o poema “As fendas do Pico Sacro”, que forma parte do libro colectivo Pico sacro: ferido polo lóstrego e a lenda (Alvarellos Editora), en edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato. O presente fotopoemario Os exilios que somos é a súa primeira obra. 

(Fotografía de Amador Lorenzo)





Ver portada en alta resolución

PREZO: 13,00 €





68 pp. 19 cms ancho x 14 cms alto 978-84-16460-76-2

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


Á PROCURA DA POESÍA
Prezo: 24 €
NAVEGANDO CARA A ÍTACA
Prezo: 8 €
ANTÍDOTO
Prezo: 14 €
ADAGIO POR OUTONO
Prezo: 9 €

POEMAS DE RUXIDO E BARRUZO
Prezo: 8 €
BRETEMADA
Prezo: 20 €
TELÚRICA
Prezo: 9 €
De casa queimada
Prezo: 9,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.