BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


Caldaloba en terras de Valverde

1º Premio do Iº Certame de Poesía Torre de Caldaloba (Cospeito)

Xesús Rábade Paredes


Na histórica e hoxe moi esquecida Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo), resistiu ás tropas castelás, ata a súa morte, a filla do mariscal Pardo de Cela, Constanza de Castro.

Sobre este feito e lugar, o poeta, narrador e ensaísta Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) crea unha lenda histórica, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora) recoñecida o pasado decembro co 1º Premio na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito.

O xurado destacou “a súa imaxinación, a riqueza do contido histórico e antropolóxico, e o xeito de enfiar un corpus poético onde pasado e presente conflúen arredor do símbolo que representa a Torre de Caldaloba”.
 



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) é poeta, narrador, ensaísta e tradutor de dilatada traxectoria. Iniciouse moi novo na creación, sendo alumno no Instituto de Lugo. Membro da promoción poética de 1968 e antologado en Os novísimos da poesía galega (1974), en 1977 subscribe o manifesto de renovación Cravo fondo. Con Helena Villar ten colaborado en varios proxectos creativos e didácticos. Obtivo, entre outros, os premios Manuel Antonio, Galicia, Esquío e González Garcés. Obra poética principal: Xuntos cara o mañán (1969), O sangue na paisaxe (1979), No aló de nós (1981), Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993), Cabeleira de pedra (1993), Os dedos dos loureiros (2000), Os anos da memoria (2006) e Lugar do canto (autoescolma bilingüe, 2008).  En 2013 publica en Alvarellos Editora Sobre ruínas, premio da Asociación Galega de Editoras ao Mellor Libro de Poesía do ano, Premio Fervenzas Literarias 2013 ao mellor libro de poesía e libro de poesía finalista nos Premios da AELG. De 2018 é Memoria do corpo (Galaxia), poemario que, de novo, será recoñecido na Gala do Libro Galego como Mellor Libro de Poesía do ano. En 2019 Xesús Rábade prepara as súas memorias literarias.





Ver portada en alta resolución

PREZO: 9,50 €





56 pp . 14 x 21 cms. ISBN 978-84-16460-67-0

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


[AGOTADO] LA VERDADERA CUNA DE CRISTÓBAL COLÓN
Prezo: 5,9 €
50 CAFÉS HISTÓRICOS DE ESPAÑA Y PORTUGAL
Prezo: 24 €
45 RECETAS CON ORTIGAS
Prezo: 16 €
VIDA DE LITERATURA, UNA
Prezo: 20 €

MATEMÁTICAS UNIVERSITARIAS – I
Prezo: 5,9 €
[AGOTADO] FINAL EN FISTERRA
Prezo: 5,9 €
GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO
Prezo: 17 €
MÚSICA DE LA CATEDRAL DE MONDOÑEDO, LA
Prezo: 24 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.