Nova edición ampliada da obra que impulsou a apertura do Bosque do Banquete de Conxo.
Incorpora os tres brindes oficiais e tamén os clandestinos.
Inclúe oitenta fotografías, planos e ilustracións, trinta delas, novas.
Coordinados polo responsable da edición e coautor, Henrique Alvarellos, escriben tamén Xurxo Martínez, Francisco Singul, Martín Souto e Julio Estrada.
Alvarellos Editora publica no verán de 2019 a segunda edición actualizada e ampliada d’Os últimos carballos do Banquete de Conxo, a obra que, editada en 2016, impulsou a apertura do histórico Bosque do Banquete de Conxo de 1856. Unha edición ao coidado de Henrique Alvarellos (Lugo, 1968), impulsor da apertura ao público deste espazo natural e histórico.
Incorpora máis de trinta novas fotografías e ilustracións, actuais e históricas; os textos completos dos tres brindes pronunciados naquel acto por Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luis Rodríguez Seoane, mais tamén a noticia doutros brindes, ata agora descoñecidos, tan atrevidos para o seu tempo que nin sequera chegarían a ser publicados. Xunto a todo isto, moitos datos novos —históricos e literarios— sobre este lugar, un mapa actualizado do bosque, e un total de oitenta ilustracións, planos e fotografías.
Viaxamos ao espazo natural que tanto fascinou a Rosalía de Castro; ao histórico mosteiro que visitou Federico García Lorca en 1916; ao souto que versou, na bruma do século XIII, o trobador Joam Airas; e tamén, ao lugar de devoción pola Virxe da Cuncha de milleiros de peregrinos dende os tempos medievais.
Todos estes feitos figuran concentrados nun espazo concreto ao sur de Compostela: a carballeira do Banquete de Conxo. Nela, un domingo 2 de marzo de 1856 viviríase un feito insólito: a celebración dun banquete democrático onde brindaron xuntos, pola liberdade e a fraternidade, estudantes e artesáns. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.
Neste bosque, nas marxes do río Sar, resiste unha fraga onde se erguen os últimos carballos centenarios do Banquete de Conxo, testemuñas vivas de acontecementos únicos na historia de Galicia.
Henrique Alvarellos (Lugo, 1968). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago e Posgrao en Comunicación pola Universidade da Coruña. Autor de varios libros, xornalista e editor. Dirixe Alvarellos Editora dende 2004.
Xurxo Martínez González (Coia-Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo. Escritor e investigador. É especialista no Rexurdimento do século XIX, sobre o que leva escrito numerosos traballos e impartido seminarios e conferencias.
Francisco Singul (Vilagarcía de Arousa, 1963). Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago, especialista en arte barroca e no Camiño de Santiago. É autor de varios libros e traballa como comisario de exposicións.
Martín Souto (Ponteceso, 1980). Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago. É un dos autores da Guía verde de Santiago (2010). Un botánico con amplos coñecementos da flora e bosques de Compostela.
Julio Estrada Nérida (Pontevedra, 1942), bibliófilo, escritor e investigador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Barcelona. É autor de diversos traballos sobre Galicia e Palencia, cidade na que reside.
27-01-2017 Lindeiros A historia do Banquete de Conxo recollida nun libro
26-01-2017 La Voz de Galicia Luis Rodriguez Seoane, poeta do Banquete de Conxo, por Olivia Tudela
26-01-2017 La Voz de Galicia-Ed. Santiago Un recorrido por la memoria del "xantar da liberdade"
25-01-2017 Faro de Vigo Un libro recolle catro visións sobre o Banquete de Conxo
24-01-2017 El Correo Gallego Preséntase este mércores o libro "Os últimos carballos do Banquete de Conxo".
19-01-2017 Faro de Vigo. Faro da Cultura. Entrevista a Xurxo Martínez González.
05-01-2017 Praza Pública Entrevista a Xurxo Martínez González
04-01-2017 Radio Galega - Diario Cultural. Recuperan o terceiro brinde do Banquete de Conxo. Entrevsita a Xurxo Martínez Glez.
04-01-2017 Faro de Vigo Aparece el tercer "Brindis" de Conxo, que se creía perdido
04-01-2017 NOTA DE PRENSA Aparece o terceiro "Brindis" do Banquete de Conxo de 1856, o que pronunciou Luis Rodríguez Seoane
30-12-2016 La Voz de Galicia-Fugas. Por Ramón Nicolás Os segredos que oculta Conxo
10-12-2016 Faro de Vigo Os últimos carballos do Banquete de Conxo
23-11-2016 NOTA DE PRENSA O Banquete de Conxo: un xantar que fixo historia de Galicia
18-3-2014 El Correo Gallego El escenario del Banquete de Conxo, en un abandono total
17-09-2013 Mundiario.com "El abandono hunde en el olvido la histórica carballeira del Banquete de Conxo"
![]() |
NO TEMPO DE 'FOLLAS NOVAS' |
Prezo: 18,5 € |
![]() |
GALICIA ANTE TODO |
Prezo: 22 € |
![]() |
CANTARES GALLEGOS, HOXE |
Prezo: 13 € |
![]() |
AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA |
Prezo: 29,5 € |
![]() |
EL PRIMER LOCO (EDICIÓN FACSIMILAR E ILUSTRADA) |
Prezo: 19,5 € |
![]() |
RECUERDOS DE AGOSTO |
Prezo: 23 € |
![]() |
VERSOS A COMPOSTELA |
Prezo: 17 € |