BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


CARTAFOL DE MIRAXES

Aleixandre Lago Barcala


Obra gañadora da edición nº 44 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo). Leva por título Cartafol de Miraxes e o seu autor é un novo poeta –e esta é a súa primeira obra–, Aleixandre Lago Barcala (A Coruña, 1992).

Consta de 43 poemas onde cada palabra e cada son da música poética están pensados e ubicados no seu preciso lugar. Cartafol de miraxes é un libro de desenganos e de espellismos. Así o resume o autor: "expreso unha serie de desenganos respecto das ilusións, vagas e narcisistas, que se fai un cando é pequeno, respecto de ideas como o amor, a morte, o tempo... Ideas que, ao medrar, un vai vendo que son espellismos”.

En canto aos aspectos formais, a poesía de Aleixandre Lago combina composicións tradicionais coma o soneto co verso libre e métricas diversas, pero sempre atendendo a esa fonda musicalidade da palabra escrita.

Cartafol de miraxes está ilustrado con traballos de Álvaro Peleteiro (collage de portada) e Antonio Reboredo (ilustracións interiores).
 



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Aleixandre Lago Barcala. Nado na Coruña en 1992, fixo estudos de Filosofía en Barcelona e Filoloxía Clásica en Compostela, e ata hoxe vive entre as tres devanditas cidades. Colaborou coa compañía Teatro do Atlántico en tarefas técnicas, administrativas e artísticas. Traduciu para ela o texto “Dues dones que ballen” de J. M. Benet i Jornet, e participou no recital “De abrentes e ocasos”, como intérprete e mais na escolma de textos. Colaborou con artigos de crítica na revista dixital Parafernalia. En 2014 obtivo o primeiro premio no XV Certame de Poesía Díaz Jácome de Mondoñedo. Cartafol de miraxes, gañador do XLIV Certame Literario de Vilalba, é o seu primeiro libro.





Ver portada en alta resolución

PREZO: 11,00 €





Formato 14 x 19 cms. 86 pp ISBN 978-84-16460-57-1

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


DE CATRO A CATRO. MANUSCRITO ORIXINAL
Prezo: 22,9 €
BRETEMADA
Prezo: 20 €
PAZO DE TOR
Prezo: 12,5 €
Orixe orzánica das sereas todas
Prezo: 14 €

CINZA DE ESTRELAS
Prezo: 9 €
POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY
Prezo: 16 €
OS PRIVILEXIOS DOS SOMNÁMBULOS
Prezo: 9 €
ADAGIO POR OUTONO
Prezo: 9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.