BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Ilustrada [viaxes+fotografía+artes plásticas]


AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA

PREMIO LOSADA DIÉGUEZ (2018) E BALTAR FEIJOO (2020)

Carlos Castelao


Unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX.

O seu autor, o fotohistoriador Carlos Iglesias Castelao (de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988), ofrece nestas páxinas un traballo rigoroso, documentadísimo e enormemente didáctico. 

Un volume ilustrado con máis de 350 imaxes (moitas delas, totalmente inéditas) que principia situando os albores da fotografía no noso país para presentar de seguido o máis completo traballo coñecido ata hoxe sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto.

Son as precursoras e precursores da nova arte da imaxe en Santiago de Compostela. Trázase a biografía de ata vinte e catro profesionais e os seus estudios fotográficos; demóstrase a interrelación nunha maioría deles, a súa ideoloxía común progresista ou o seu achegamento á masonería.

Dedícase un apartado á presenza da muller na fotografía con novas descubertas arredor de Rosalía de Castro e os seus fotógrafos. Inclúese a historia completa do primeiro fotógrafo galego con estudio propio, Andrés Cisneros, e mesmo descubrimos feitos ben singulares como a historia do neno fotógrafo Luis Hermida, de oito anos...

Trátase, en fin, dun traballo sen precedentes na historia galega da fotografía que nos fará gozar desta arte que, na segunda metade do século XIX, cambiaría a nosa forma de ver o mundo.

PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ (2018) E BALTAR FEIJÓO (2020)

As orixes da fotografía en Galicia recibiu o Premio Antón Losada Diéguez 2018 ao mellor Ensaio do Ano. O xurado salienta "a calidade e intensidade de investigación documental realizada sobre a chegada e asentamento da fotografía na sociedade compostelá". Asimesmo destácase a calidade e coidado da súa edición, e o interese das fotografías reproducidas que axudan a rescatar a memoria visual da época e complementan a investigación documental sobre a vida e traxectoria dos primeiros fotógrafos.

En decembro de 2020 recibiu o Premio de Investigación e Ensaio Ramón Baltar Feijoo que promove a Fundación Rosalía de Castro e sobre o que destaca: ‘As orixes da fotografía en Galicia’ é unha obra pioneira, resultado de anos de fonda investigación, que achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica na Galicia do século XIX. O seu autor ofrece un traballo rigoroso, documentado e moi didáctico, no que non faltan descubertas en relación ás fotografías que conservamos de Rosalía de Castro.

A obra foi ademais finalista na modalidade de Ensaio na Gala do Libro Galego 2019.



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Carlos Castelao mantén este blog MEMORIA DA IMAXE sobre a fotografía pioneira en Galicia.

Ver aquí a súa biografía.


Revista de Prensa

30-01-19 GCiencia Esta é unha imaxe inédita de Santiago en 1858 

12-01-2019 pilaraymara.com  Vídeo: entrevista a Carlos Castelao>

12-01-2019 pilaraymara.com Video: roteiro con Carlos Castelao

10-01-2019 La Voz de Galicia Luis Hermida, o único neno fotógrafo






Ver portada en alta resolución

PREZO: 29,50 €





300 pp. 23x21 cms ISBN 978-84-16460-51-9

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


LA CIUDAD DONDE LAS PIEDRAS FLORECEN
Prezo: 9 €
SALÓN TEATRO
Prezo: 18 €
[AGOTADO] GUÍA VERDE DE SANTIAGO (galego)
Prezo: 12 €
NO TEMPO DE 'FOLLAS NOVAS'
Prezo: 18,5 €

ESPAÑA SAGRADA TOMO XIX - SANTIAGO
Prezo: 29 €
SANTIAGO, CIUDAD DE ENCUENTROS Y PRESENCIAS
Prezo: 18 €
SANTIAGOS DE SANTIAGO
Prezo: 27 €
VIDA MUSICAL EN SANTIAGO, LA
Prezo: 24 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.