Unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas publicou este Pazo de Tor a finais de 2018. Aos seus 96 anos, foi a súa obra derradeira. Luz Pozo Garza viaxa ás orixes familiares dos Garza, situadas neste magnífico edificio barroco enclavado nun lugar privilexiado do Val de Lemos.
Inspirándose neste espazo histórico e xeográfico, a poeta compón trinta poemas nos que, unha vez máis, demostra a capacidade da súa pluma excepcional, fóra de calquera tempo ou moda.
O coidado da edición corre a cargo da profesora Carmen Blanco, especialista na poeta, e o limiar asínao o escritor, editor e presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes.
«O lector debe entrar no verso deixándose levar –escribe Freixanes–, descalzo, espido de precaucións e entregado a cada paso que, de vagariño, nos conduce pola escada de luz, coma nos antigos místicos, coma os pitagóricos, cara ao non nomeado, a música das esferas, que non se pode describir, mais debemos limitarnos a sentila».
Carmen Blanco, na súa nota editorial, exclama: «A soidade é a vitoria. Luz Pozo Garza. Lucidez. Profundidade. Clasicismo. Tamén Luz Pozo. Poética iluminista de luscofusco. E Garza. Sensual poética erótica mística. Luz. Licenzas. Unha mestra. Unha clásica: a ave da luz sabe onde está o norte? ou “Nin sabe acaso nada...”. Pazo de Tor de Luz Pozo Garza. Pazo Garza Pozo».
Outros títulos de Luz Pozo Garza en Alvarellos Editora:
Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922-A Coruña, 2020). Iniciou a súa obra en galego en 1952 coa publicación de O paxaro na boca, libro ao que seguirían outros títulos como últimas palabras /verbas derradeiras (1976), Códice Calixtino (1986), Vida secreta de Rosalía (1996) ou Rosa tántrica (Alvarellos Editora, 2016). Membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao, Socia de Honra da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en 2013 recibiu o Premio da Cultura Galega, en novembro de 2018 foi nomeada Filla Adoptiva de Viveiro e en xaneiro de 2020, Filla Predilecta de Ribadeo (o seu derradeiro acto público). Os seus versos foron traducidos ao portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso ou xaponés.
17-01-2019 La Voz de Galicia-Monforte "Pazo de Tor", poemas de inspiración monfortina.
03-01-2019 Sermos Galiza Luz Pozo publica novo libro de poemas aos 96 anos
![]() |
ADAGIO POR OUTONO |
Prezo: 9 € |
![]() |
Hora de penumbra |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
De casa queimada |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
Caldaloba en terras de Valverde |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
SONETOS PREPOSICIONAIS |
Prezo: 9 € |
![]() |
Na pel das árbores do vento |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
Memorias da árbore da noite triste |
Prezo: 12,5 € |