Edición facsimilar do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías do poeta en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.
Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, á parte do seu castelán natal, foi a galega. A primeira edición dos Seis poemas galegos saíu do prelo de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935, oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba os douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.
Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían axiña incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.
AS FOTOGRAFÍAS DE GARCÍA LORCA EN GALICIA
A presente edición facsimilar reproduce fielmente un daqueles contados exemplares de 1935. Respecta, por unha banda, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outra, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, ata dez imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta gallego... poeta de alta hierba, de la lluvia alta y pausada”, algunhas delas, moi descoñecidas, mais outras catro fotografías directamente relacionadas coa xestación dos Seis poemas galegos.
O editor e escritor Henrique Alvarellos, responsable da edición, tamén este ano, do libro El gran viaje de estudios de García Lorca (Alvarellos Editora), ocupouse neste facsimilar da selección e comentario de cada unha das fotografías.
Este coidado volume recibiu na IV Gala do Libro Galego o Premio ao Mellor Libro Editado en Galicia en 2018.
Federico García Lorca (Fuente Vaqueros-Granada, 1898 – Víznar-Granada, 1936) é hoxe o poeta español máis lido de todos os tempos, autor tamén en lingua galega dos Seis poemas galegos (1935) que agora recuperamos en edición facsimilar. Integrante da Xeración do 27, é autor dunha selecta obra en verso (onde sobrancean os poemarios Romancero gitano, Poema del cante jondo ou Poeta en Nueva York) e teatral (con obras como Bodas de sangre, Yerma ou La Casa de Bernarda Alba). A súa poesía conecta dun xeito único a tradición popular coa vangarda. En 2018, coincidindo cos cen anos da publicación do seu primeiro libro (Impresiones y paisajes) e os 120 do seu nacemento, celebrouse, o 25 de outubro, o primeiro “Día de García Lorca en Galicia”, promovido por Alvarellos Editora. (Na imaxe, Garcia Lorca en Betanzos en maio de 1932).
25-10-2019 Televisión de Galicia Galicia redescobre o seu vínculo con García Lorca
25-10-2019 Radio Galega 25 de outubro: Día de Lorca en Galicia
25-10-2019 Diario de Pontevedra-Ramón Rozas O Día de García Lorca en Galicia
25-10-2019 VivaLugo Día de García Lorca en Galicia
25-10-2019 Praza Pública. Regreso ao cuarto da García Lorca en Lugo...
24-10-2019 Cope Pontevedra Imágenes de un Lorca sonriente...
24-10-2019 Lugo Xornal De cando García Lorca camiñou pola Muralla de Lugo.
21-10-2019 Pontevedra Viva Las dos visitas de García Lorca a Pontevedra...
19-10-2019 La Voz de Galicia-Edición Lugo El Día de García Lorca traerá a Lugo una filmación del poeta...
07-08-2019 El Español "Cuando García Lorca dijo que era un 'poeta gallego' y paseó por A Coruña"
06-08-2019 Praza.com García Lorca volve a Galicia pola Feira do Libro da Coruña
06-08-2019 La Voz de Galicia-Edición A Coruña "García Lorca foi un coruñés máis"
06-08-19 La Opinión A Coruña, da man de Federico García Lorca
10-01-19 Faro de Vigo. Entrevista a Henrique Alvarellos: "Lorca decidiu ser escritor durante..."
27-12-2018 La Voz de Galicia El gran año de los 'Seis poemas galegos'
![]() |
Libreta lorquiana modelo NEGRITA |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo PIERROT |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo FROITOS |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo BIFACE |
Prezo: 3,9 € |
![]() |
EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS DE GARCÍA LORCA |
Prezo: 22,5 € |
![]() |
Libreta lorquiana modelo FLOREIRO |
Prezo: 3,9 € |