BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


ANTÍDOTO

Edición ilustrada bilingüe galego-castelán

Emma Pedreira


INCLÚE A "LISTA DA COMPRA DA VIÚVA", PREMIO INTERNACIONAL JOVELLANOS AO "MELLOR POEMA DO MUNDO" (2017)

Os novos e premiados versos de Emma Pedreira. Unha edición bilingüe galego-castelán, ilustrada, na que a poeta reflexiona sobre as soidades non escollidas. A obra inclúe a “Lista da compra da viúva”, poema que recibiu en 2017 o Premio Internacional Jovellanos como “El mejor poema del mundo”. O libro resultou gañador en 2017 do Premio de Poesía do Concello de Vilalba.

Emma Pedreira é unha das máis inspiradas, singulares e premiadas voces da actual poesía galega. Encadrada na coñecida como Xeración dos 90, estreouse cos versos do Diario bautismal dunha anarquista morta (1999). Dúas décadas despois recibe o Premio da Crítica (2017) e o Premio Xerais de Novela (2018). En todo este tempo foi tecendo ata unha ducia de libros de poemas (sempre premiados) onde destila a súa visión fonda, crítica, inspirada e feminista da vida.

Antídoto recibiu en 2017 o premio de Poesía do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa renovada edición nº XLIII. Sae publicado agora en versión bilingüe galego-castelán e ilustrado por Xulia Nieto. 

A poeta reflexiona nestes versos sobre as soidades non escollidas. Escrito dende a dor, busca a luz na palabra, nun verso que camiña libre, pleno de potencia expresiva. Entre os poemas que integran esta obra figura a “Lista da compra da viúva”, composición que recibiu en 2017 o Premio Internacional de Poesía Jovellanos como “El mejor poema del mundo”.
 



PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Emma Pedreira (A Coruña, 1978) é unha das máis poderosas e singulares voces da actual poesía galega. Encadrada na coñecida como Xeración dos 90, estreouse cos versos do Diario bautismal dunha anarquista morta (1999). Dúas décadas despois recibe o Premio da Crítica (2017) e o Premio Xerais de Novela (2018). En todo este tempo foi tecendo ata unha ducia de libros de poemas (sempre premiados) onde destila a súa visión fonda, crítica, potente e feminista da vida.


Revista de Prensa

03/11/2018 Praza.gal Entrevista a Emma Pedreira: "Quérennos perfectas, silentes e activas..."

3/08/2018 La Voz de Galicia "Sempre imos cara un futuro que nunca vén"

21/08/2017 El Progreso Antídoto, de Emma Pedreira, gaña o Certame Literario de Vilalba






Ver portada en alta resolución

PREZO: 14,00 €





142 pp | 14 x 19 cms. ISBN 978-84-16460-41-0

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


Obra inacabada de Dosinda Christensen
Prezo: 14,9 €
CINZA DE ESTRELAS
Prezo: 9 €
SOBRE RUÍNAS
Prezo: 11 €
Poema da Rúa das Aves
Prezo: 13 €

Á PROCURA DA POESÍA
Prezo: 24 €
Microrrelatos
Prezo: 9,5 €
OS PRIVILEXIOS DOS SOMNÁMBULOS
Prezo: 9 €
Hora de penumbra
Prezo: 9,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.