As sorpresas que trae cociñar en familia e aprende dos erros
Ilustracións divertidas, vivas, cheas de cor e expresividade para un conto saboroso de principio a fin. Non vos imaxinades as sorpresas que trae cociñar en familia... Os autores de A raíña das tortas son dous artistas vigueses, Álex Mene (texto) e Blanca Crespán (ilustracións), que debutan con este libro na literatura infantil. Novo título da colección Verdemar de Alvarellos Editora.
TEXTO CONTRACAPA
Un conto saboroso de principio a fin.
ARGUMENTO
Martiño vive coa súa nai. Unha das cousas que máis lles gusta facer xuntos é cociñar doces de todas as cores e sabores. Pero hoxe a cociña está avariada así que Martiño vai practicar o que quere ser de maior: electricista. Sairá algo de aquí? Mentres, os esquíos agardan trala ventá da cociña para probar o primeiro anaco de torta...
CLAVES PARA A LECTURA
Unha obra que convida a cociñar en familia e descubrir xuntos gustos gastronómicos ou receitas herdadas, sinxelas para elaborar en común.
Un engadido interesante é o feito de que Xulia, a nai, vivise en Canadá, polo que coñece os nomes dos alimentos en inglés e francés. Como o da tarta de cenoria, que ela chama “carrot cake” ou “tarte aux carottes”.
Álex Mene e Blanca Crespán debutan con este conto na literatura infantil. Álex é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Fai fotografías, vídeos, escoita música e desfruta de pasear polo monte e pola praia.
Blanca é doutora e licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Encántalle a arte en tódalas súas formas e traballar coas mans: debuxar, pintar, facer “chismines”... e sobre todo imaxinar. Descubriu o marabilloso mundo da ilustración grazas aos seus fillos e... namorouse.
20-11-2019 Radio Oleiros. Recomendación.
11-11-2018 La Voz de Galicia-Edición Vigo: Una tarta de zanahoria con historia.
![]() |
Quero peixe! |
Prezo: 14 € |
![]() |
A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES |
Prezo: 14 € |
![]() |
A miña familia 3+1=7 |
Prezo: 14 € |
![]() |
QUERES LER UN LIBRO COMIGO? |
Prezo: 14 € |
![]() |
A MIÑA PROFE É UN MONSTRO! (DISO NADA.) |
Prezo: 14 € |
![]() |
O MEU AVÓ E O QUEIXO |
Prezo: 14 € |
![]() |
A PROMESA DO CABEZOLO |
Prezo: 14 € |
![]() |
Había unha vez un neno |
Prezo: 18,9 € |