BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


EL GRAN VIAJE DE ESTUDIOS
DE GARCÍA LORCA

Por vez primeira, a crónica íntegra da excursión cultural
de 1916 por Castilla, Galicia e León

Luis Mariscal Parado | Federico García Lorca


No outono de 1916 García Lorca tomaría aos seus 18 anos unha decisión radical: abandonar un futuro prometedor na música e proporse ser escritor. Sucedeu durante unha longa viaxe de estudos –co seu profesor Domínguez Berrueta e catro alumnos máis– por Castela, Galicia e León.

Esta é a crónica íntegra, por vez primeira, daquela excursión. Unha edición ilustrada e anotada ao coidado de Henrique Alvarellos que reúne os textos do compañeiro de Lorca, Luis Mariscal, e o propio caderno de viaxe do futuro poeta (cartas, telegramas, artigos ou fragmentos do seu primeiro libro Impresiones y paisajes, de 1918).

Estamos ante un libro de viaxes moi especial que tamén é un libro de historia e de arte e, sobre todo, un libro lorquiano, do primeiro Lorca.

ITINERARIO DA VIAXE

Madrid — El Escorial — Ávila — Medina del Campo — Salamanca — Zamora— Astorga — Ourense — Redondela — Santiago de Compostela —  A Coruña—Lugo — León— Sahagún — Venta de Baños — Burgos — Segovia.

PRIMEIRO CONTACTO CON GALICIA

Esta viaxe marcaría o primeiro contacto do futuro escritor coa lingua e a cultura galegas. Nun cambio de trens próximo a Redondela escoitan falar e cantar en galego, en concreto, uns versos de Rosalía de Castro. No mercado de Santa Susana, Luis Mariscal anota o refraneiro popular que escoita entre os vendedores, e mesmo intenta falar con algún deles. Almorzan en Ourense, pernoctan tres días en Santiago, un en Lugo e visitan tamén A Coruña. 

Estas cinco xornadas por Galicia deixarán en todo grupo unha pegada moi fonda, sobre todo en Federico García Lorca, que pouco despois (1918) publicará o seu primeiro libro onde describe Santiago e A Coruña; en 1919 dedica un poema a Rosalía de Castro e outro ao apóstolo Santiago. Visitará Galicia de novo tres veces máis en 1932 e esta empatía coa nosa cultura e lingua culminará en 1935 coa publicación do seu libro titulado Seis poemas galegos, na editorial Nós de Ánxel Casal, en Santiago de Compostela. Un fito para a cultura galega.

[Este libro recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Cultura e Deporte]

En decembro de 2018 Alvarellos Editora publica os Seis poemas galegos en Edición facsimilar. 

 



Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Federico García Lorca (Fuente Vaqueros, 1898-Víznar, 1936) y Luis Mariscal Parado (Granada, 1895-Chile, 1941) foron compañeiros de estudos na Universidade de Granada. Xuntos viaxaron por España, guiados polo seu mestre, o catedrático de Teoría de Literatura e das Artes Martín Domínguez Berrueta, durante os anos 1916 e 1917. Na época destes escritos Lorca ten 18 anos de idade, mentres que Mariscal 21 anos. Federico García Lorca chegaría a converterse nun dos poetas e dramaturgos máis brillantes e inspirados da literatura española de todos os tempos, carreira que quedaría ferozmente tronzada co seu asasinato polos franquistas o 19 de agosto de 1936. Luis Mariscal Parado faría carreira como diplomático ocupando destinos por medio mundo. Portador dunha saúde feble, falecería en Chile aos 45 anos.


Revista de Prensa

10-01-19 Faro de Vigo. Entrevista a Henrique Alvarellos: "Lorca decidiu ser escritor durante..."

25-10-2018 La Voz de Galicia-Edi Santiago Día de Lorca en Santiago

25-10-2018 Radio Galega Entrevista de Belén Regueira e Kiko Novoa a Henrique Alvarellos.

25-10-2018 Nós Televisión "Lorca quixo escribir en galego e isto é un tesouro para a nosa cultura"

25-10-2018 Televisión de Galicia Alvarellos Editora pon en marcha o Día de García Lorca en Galicia

25-10-2018 Praza.gal Compostela celebra o Día de García Lorca

25-10-2018 El Correo Gallego Lorca y los 102 años de un viaje al bien de la literatura

25-10-2018 Granada Hoy 102 años del viaje de Federico "hacia el bien de la literatura"

24-10-2018 La Vanguardia Lorca, 102 años de un viaje "hacia el bien de la literatura"

24-10-2018 Vigo al minuto Redondela rende homenaxe a Lorca

15-10-2018 Nós Televisión Compostela celebrará o Día de García Lorca en Galicia

15-07-2018 La Región. La resaca de Lorca en Ourense

15-06-2018 RNE-Radio 5. Programa "Otros acentos"-Mavi Aldana + José María Pascual.

10-06-2018 Diario ABC García Lorca viaja de nuevo a Galicia

05-06-2018 Faro de Vigo El viaje en el que Lorca decidió ser escritor

23/04/2018 Radio Nacional-Radio 5. Lucia Vilaplana (programa Entre paréntesis) entrevista a Henrique Alvarellos.

09/04/2018 Caderno da crítica O primeiro Lorca entre nós, por Ramón Nicolás

15/03/2018 La Voz de Galicia-Edición Lugo Alvarellos recupera a histórica viaxe de Lorca a Lugo en 1916

14/03/2018 Radio Galega-Diario Cultural. A primeira viaxe a Galicia de García Lorca, en Alvarellos.

05/03/2018 La Voz de Galicia La Galicia que impactó a Lorca en 1916

02/03/2018 El Progreso Las sorpresas de Federico en Galicia

25/02/2018 La Voz de Galicia-Edición Santiago Lorca, Mariscal e Montero Ríos, no Obradoiro. Por Quique Alvarellos

23/02/2018 La Voz de Galicia-Edición Santiago Alvarellos refire nun libro a primeira viaxe galega de Federico García Lorca




Video



Ver portada en alta resolución

PREZO: 22,50 €





336 pp | 13 x 23 cms. ISBN 978-84-16460-35-9

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


SEIS POEMAS GALEGOS [Edición facsimilar e ilustrada]
Prezo: 14 €
Libreta lorquiana modelo FROITOS
Prezo: 3,9 €
Libreta lorquiana modelo PIERROT
Prezo: 3,9 €
Libreta lorquiana modelo FLOREIRO
Prezo: 3,9 €

Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en castelán]
Prezo: 19,8 €
Libreta lorquiana modelo BIFACE
Prezo: 3,9 €
Libreta lorquiana modelo NEGRITA
Prezo: 3,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.