BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


EL TESORO DE PUNTA HERMINIA
Y OTROS TEXTOS SUMERGIDOS

Urbano Lugrís


Urbano Lugrís era un poeta pintor. E o único pintor do mundo capaz de escribir baixo a auga, en palabras doutro gran escritor e poeta, Manuel Rivas. Alvarellos Editora rescata este verán once textos “somerxidos” de Lugrís. Prosas e poemas –en castelán e galego– moi pouco coñecidos ata hoxe (mesmo, algún inédito) que nos internan no seu fascinante universo narrativo e lírico.

Baixo o título El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos agrúpanse textos dispersos que foron aparecendo desde a edición, en 2008, daquela primeira Balada de los mares del norte (Alvarellos Editora), único volume de Lugrís ata a data, pois o artista falecía en 1973 sen ver publicado, en libro, o seu rico e abundante traballo literario, esparexido e esquecido, durante décadas, en xornais e revistas...  A profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez, especialista en Lugrís, encárgase do coidado da edición.

Ademais dos 11 textos, este volume reúne 25 debuxos do autor, tamén moi pouco divulgados, entre eles, as fermosas letras capitulares que creaba o pintor para iniciar os seus escritos.

El Tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos bríndanos a impagable oportunidade de internarnos, de novo, nese mundo de tesouros ocultos, grutas e naufraxios.  Escenarios escritos e pintados a un tempo pola pluma e o lenzo inigualables de Urbano Lugrís.



Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Urbano Lugrís González (A Coruña, 1908-Vigo, 1973) foi un dos pintores máis sobranceiros de Galicia e un dos surrealistas españois máis orixinal e inspirado. Fillo de Manuel Lugrís Freire (e pai do pintor Urbano Lugrís Vadillo), a súa obra pictórica está consagrada ao mar e con esta temática deixou lenzos insuperables. Paralelamente á súa creación plástica cultivouse como escritor, faceta iniciada xa nos anos corenta e prolongada ata o final dos seus días. Sen embargo, nunca viu en vida publicado un só libro. Os seus textos quedaron espallados por publicacións periódicas, ou ben inéditos. En 2008, esta editorial publicaría Balada de los mares del norte, único libro do autor ata El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos (Alvarellos Editora, 2017).

 


Revista de Prensa

09-08-2017 La Voz de Galicia-Ed. A Coruña La literatura pintada de Urbano Lugrís



08-08-2017 Caderno da Crítica-Ramón Nicolás 



08-08-2017 La Voz de Galicia-Ed. A Coruña. La literatura perdida de Lugrís emerge del mar



06-08-2017 La Opinión de A Coruña. "Un libro inédito con una llamativa mezcla de poesía, dibujos y narrativa"



05-08-2017 Faro de Vigo. El retorno del tesoro sumergido de Lugrís. Por Mar Mato



05-08-2017 La Opinión de A Coruña. Los textos sumergidos de Lugrís. Por Erika Golás.






Ver portada en alta resolución

PREZO: 14,00 €





108 pp | 14 x 21 cms ISBN 978-84-16460-24-3

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


BALADA DE LOS MARES DEL NORTE
Prezo: 23,5 €
POESÍA MÍNIMA | MINIMAL POETRY
Prezo: 16 €
POEMAS DE RUXIDO E BARRUZO
Prezo: 8 €
… E OS DOMINGOS, UN CROISSANT
Prezo: 13,5 €

Microrrelatos
Prezo: 9,5 €
ANTÍDOTO
Prezo: 14 €
ADAGIO POR OUTONO
Prezo: 9 €
Na pel das árbores do vento
Prezo: 9,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.