BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Verdemar [ álbum ilustrado ]


QUERES LER UN LIBRO COMIGO?

Un álbum ilustrado que convida a compartir
e reflexiona sobre a diversidade [+3 anos]

Lawrence Schimel | Ilustrado por Thiago Lopes


EDICIÓN RENOVADA EN TAPA DURA

Antón xa sabía ler só, pero quería compartir o seu libro favorito. Saíu todo contento polo barrio e buscou, e buscou… pero nada. Todo o mundo parecía tan ocupado...!  Ata que atopou a alguén inesperado con quen facer realidade o seu desexo...

Queres ler este libro comigo?

IDADE DE INTERESE: + 3
NIVEL DE LECTURA: + 5

Un álbum ilustrado no que se reflexiona, dun xeito divertido e didáctico, sobre a necesidade de compartir: neste caso, compartir un libro. O protagonista quere ler con alguén o seu libro favorito. Porque todo o que se comparte alcanza maior dimensión.  

Ademais, este conto axuda a tratar temas como a exclusión promovendo o respecto á diversidade. Revélanos que nunca debemos dar nada por feito. Que arredor dun hai todo un mundo de experiencias por descubrir e que todas as persoas suman nel. 

 

MIRA ESTE VÍDEO DE UXÍA [+3] CONTANDO A HISTORIA DE ANTÓN

 



Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Lawrence Schimel naceu en Nova York en 1971 e vive en Madrid desde 1999. É autor e tradutor de literatura infantil e xuvenil e tamén de poesía, ficción e ensaio para adultos. Publicou ata hoxe máis de cen títulos, traducidos a varios idiomas. Algúns dos seus libros para novos lectores lograron importantes recoñecementos internacionais ao seren incluídos na lista de honra da Organización Internacional para o Libro Xuvenil (IBBY) ou no catálogo White Ravens que elabora, cada ano, a International Youth Library de Múnich.  Precisamente, a primeira versión deste libro, titulada ¿Lees un libro conmigo? editada en Colombia en 2005, foi seleccionada pola IBBY en 2007.

Thiago Lopes é un ilustrador e deseñador gráfico especializado en deseño editorial. Naceu en 1987 en San Paulo (Brasil), onde vive e traballa. Principiou en 2009 no eido na literatura infantil e xuvenil, ao retamar os seus estudos na Facultade de Belas Artes de San Paulo. As súas ilustracións son engaiolantes, divertidas e delicadas.

 


Revista de Prensa

19/06/2017 Culturagalega.org Alvarellos engade o libro infantil ilustrado ao seu catálogo

14/06/2017 La Voz de Galicia Alvarellos Editora inicia una colección de libros infantiles por su cuarenta aniversario

13/06/2017 Sermos Galiza Alvarellos celebra os 40 entrando no mercado infantil

13/06/2017 Galicia Confidencial Alvarellos Editora inicia a nova colección de libros infantís 'Verdemar'



 






Ver portada en alta resolución

PREZO: 14,00 €





32 páxinas Formato: 25x21 cms ISBN 978-84-16460-18-2 Capa dura

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


O MEU AVÓ E O QUEIXO
Prezo: 14 €
A PROMESA DO CABEZOLO
Prezo: 14 €
A RAÍÑA DAS TORTAS
Prezo: 14 €
A miña familia 3+1=7
Prezo: 14 €

A MIÑA PROFE É UN MONSTRO! (DISO NADA.)
Prezo: 14 €
A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES
Prezo: 14 €
Había unha vez un neno
Prezo: 18,9 €
Quero peixe!
Prezo: 14 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.