BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


POEMAS DEL DIEZ DE MARZO

Escritos en la cárcel

Rafael Bárez

UNHA COIDADA EDICIÓN FACSIMILAR ONDE TAMÉN ESCRIBEN MANUEL RIVAS, XESÚS ALONSO MONTERO, VICENTE ÁLVAREZ ARECES E JESÚS GÓMEZ ALÉN

Unha exepcional edición facsimilar para estes Poemas del diez de marzo (escritos en la cárcel), os versos inéditos do avogado laboralista e político coruñés Rafael Bárez (Cambre, 1946-A Coruña, 1996). Unha obra escrita na prisión d’A Coruña durante os nove meses que Bárez permaneceu confinado tras ser procesado polos sucesos do Dez de Marzo de 1972 (a protesta sindical nos estaleiros de Ferrol onde morrerían, a disparos da policía franquista, dous traballadores de Comisións Obreiras. Hoxe, o Dez de Marzo é o Día da Clase Obreira Galega).

Además da reproducción fiel do mecanoscrito íntegro e inédito orixinal, esta edición conta con colaboradores de excepción: nunha primera parte escriben Manuel Rivas; o catedrático emérito da Universidade de Santiago, Xesús Alonso Montero; o senador e ex-presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, e o historiador José Gómez Alén. Ademais, participou directamente a compañeira de Rafael, Toya Fernández, e o colectivo cidadán “Proxecto Cárcere”, que loita pola transformación do edificio do vello cárcere d’A Coruña nun espazo para a liberdade e a convivencia.

A posta en marcha desta coidada edición, que conta co deseño de Pepe Barro, foi posible grazas á colaboración económica de máis de 400 personas –e colectivos– que apoiaron o proxecto (dez euros por persoa) mediante unha ampla e exitosa campaña de subscripción.

POEMAS  DESCUBERTOS  NUN  CAIXÓN

Xesús Alonso Montero, Manuel Rivas e Toya Fernández, responsables do coidado da edición, afirman na nota editorial:  “Poucas persoas en Galicia, do ámbito político, deixaron un ronsel de simpatía persoal, de adhesión moral e de admiración como o que deixou Rafael Bárez. Como tamén foi un cidadán esclarecido do eido da cultura, cada vez eran máis as voces, nestes tempos de miseria, que reclamaban un recoñecemento digno da súa biografía. Aquí as cousas, Toya Fernández, a súa compañeira, descobre nun caixón semiesquecido, un libro, un libro de poemas de Rafael, escrito na prisión da Coruña nos meses que seguen ó Dez de Marzo de 1972, aquel suceso que é un timbre de gloria na historia da clase obreira galega. Este é o poemario que hoxe ofrecemos a amigos, camaradas e admiradores de Rafael Bárez e a cantas persoas gusten da poesía escrita desde dentro dun gran acontecer histórico”.

Toya Fernández: "Con este libro honramos a memoria de Rafael Bárez, amigo e compañeiro, que exerceu o dereito e a avogacía como instrumentos de loita política, de loita a favor das liberdades sindicais, de loita contra a desigualdade e a inxustiza.  El, e moitos máis, sufriron cárcere e represión por esta causa. E é alí no cárcere, entre reixas, onde nace este libro de poemas. Porque poden privarche da liberdade de movemento pero nunca da liberdade de pensar como un home libre”.

Xesús Alonso Montero: “Este poemario, más allá del documento, es un conjunto de textos de notable valía poética. El género –la poesía carcelaria– cuenta en España, desde ahora, con un título muy valioso”.

Manuel Rivas: “Agora sei que non estabamos totalmente indefensos. Nalgún recanto da súa terra escondida, Rafael Bárez tiña un arsenal serodio, un depósito de humanidade que levedaba dende 1972”.

Vicente Álvarez Areces: “Estábamos aislados de los presos comunes, y nuestra vida transcurría entre un patio interior y las celdas que estaban en una galería con acceso directo al patio, por lo que disponíamos de cierta libertad de movimientos durante el día”.



Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Rafael Bárez (Cambre, 1946-A Coruña, 1996). Biografía, aquí. Imaxe do autor: Xoán Piñón


Revista de Prensa

09-03-2017 La Opinión de A Coruña Los versos de Bárez cobran vida



09-03-2017 Cadena Ser-Hoy por Hoy A Coruña Entrevista a Toya Fernández 



08-03-2017 La Voz de Galicia Un homenaje a Rafael Bárez a través de sus versos inéditos



06-03-2017 La Opinión de A Coruña Presentación del Homenaje a Rafael Bárez






Ver portada en alta resolución

PREZO: 17,00 €





160 pp | 14 x 21 cms ISBN 978-84-16460-16-8

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


María Vinyals, the woman of the future [English Edition]
Prezo: 20 €
Gañar a vida cruzando a Raia
Prezo: 19,5 €
[AGOTADO] REPRESIÓN, SOLIDARIEDADE E RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA
Prezo: 3 €
MARÍA VINYALS, LA MUJER DEL PORVENIR [Edición en castelán]
Prezo: 20 €

LA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE DIEGO DE GUZMÁN
Prezo: 20 €
La movilidad estudiantil en Europa y América (siglos XIII al XXI)
Prezo: 19,5 €
MARÍA VINYALS, A MULLER DO PORVIR [Edición en galego]
Prezo: 20 €
Federico García Lorca en Santiago de Compostela [Edición en galego]
Prezo: 19,8 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.