Un dos manuscritos orixinais e inéditos máis agardados da literatura galega. Publicado agora nunha coidada edición facsimilar que respecta fielmente o formato orixinal no que foi creado: un caderno de contas en capa dura.
De catro a catro, escrito por Manuel Antonio entre os anos 1926 e 1927, é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos. Está considerado ademais coma unha das cimas universais da poesía vangardista.
O coidado desta edición, que inclúe a transcrición do texto coa identificación das súas variantes sobre a edición que Ánxel Casal publicou en Edicións Nós en 1928, e a reprodución de varias fotografías e ilustracións moi pouco divulgadas ata hoxe, corre a cargo do catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, Anxo Tarrío Varela.
Esta obra foi finalista na Gala do Libro Galego 2017 dentro da categoría de Mellor Iniciativa Bibliográfica do ano.
Manuel Antonio Pérez Sánchez (Rianxo, 1900-1930), poeta. Biografía, aquí.
14-03-2017 La Voz de Galicia-Barbanza "O manuscrito de Manuel Antonio permite resolver interrogantes"
24-02-2017 La Voz de Galicia Manuel Antonio de puño e letra Por Román Arén.
21-02-2017 Radio Galega-Diario Cultural Crítica de Chus Nogueira
20-02-2017 Televisión de Galicia-Programa Zig Zag. Publicado o manuscrito de De catro a catro
27-01-2017 Praza pública "Manuel Antonio foi un espírito moi rexo...". Entrevista a Anxo Tarrío.
19-01-2017 Faro de Vigo. Faro da Cultura. De catro a catro. Facsímile, por A. Requeixo.
24-12-2016 Diario de Pontevedra. Por Ramón Rozas "Horizontes"
23-12-2016 Caderno da crítica. Por Ramón Nicolás De catro a catro (manuscrito), de Manuel Antonio.
21-12-2016 Praza Pública Publícase 'De catro a catro' no formato de caderno contable no que Manuel Antonio escribiu
19-12-2016 Galiciapress.es Sae á venda o manuscrito inédito de Manuel Antonio 'De catro a catro'
19-12-2016 Galicia Confidencial Sae á venda o manuscrito inédito de Manuel Antonio 'De catro a catro' nunha coidada edición facsimilar
19-12-2016 El Progreso Alvarellos y el Consorcio de Santiago rescatan el inédito manuscrito de Manuel Antonio 'De catro a catro'.
![]() |
A BORDO DUN BARCO SEN LUCES |
Prezo: 17 € |
![]() |
ROSA TÁNTRICA |
Prezo: 12,5 € |
![]() |
Caldaloba en terras de Valverde |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
DIARIOS DE VIAJE |
Prezo: 17 € |
![]() |
De casa queimada |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
ENTRE AS PAREDES DO SILENCIO |
Prezo: 9 € |
![]() |
ÚLTIMAS PÁGINAS SOBRE GALICIA |
Prezo: 5,9 € |