BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Libros do Sarela [creación]


ROSA TÁNTRICA

Un diálogo con Borges en novos e orixinais poemas

Luz Pozo Garza


Luz Pozo Garza regresa á poesía en galego cuns versos retadores. Levan por título Rosa tántrica e publícase no verán de 2016 na Colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora. Asistimos a un microcosmos poético moi singular. Afastada de calquera moda ou tendencia, a escritora e filóloga —nada en Ribadeo en 1922 e autora do seu primeiro libro de poemas hai case setenta anos (Ánfora, 1949)— establece aquí un diálogo con Jorge Luis Borges a partir do relato “La rosa de Paracelso”, onde o escritor arxentino narra a historia do mago alquimista e do seu incrédulo discípulo. Neste conto, Borges afonda na orixe da creación como algo transcendente. Sobre estes vimbios constrúe Luz, ceibe, a súa Rosa tántrica. 

DEZ ANOS DE TRABALLO  EN 63 POEMAS

É o seu regreso, despois de Deter o día cunha flor (2009), á poesía en galego. Un conxunto de versos  nos que a creadora levaba traballando preto dunha década. O libro consta de 63 poemas, estruturados en dúas partes ou “Libros” e trece capítulos.

Luz Pozo mergúllanos nun peculiar universo poético no que, por veces, a puntuación xoga cos lectores e a lingua galega atrae como imán termos e xiros do sánscrito, latín, inglés, portugués e castelán.

SIMBOLOXÍA BUDISTA

Aquí, a simboloxía budista e o tantra agroman en cada intre: a enerxía positiva de Pundarika, o vieiro cara ao alén da Tábula Esmeralda, o ciclo de vidamorte-vida-reencarnación do Samsara, a pureza da Flor de Loto... Mais tamén os enigmáticos tigres de Borges ou a aparición de filósofos como Carl Jung “aquel sabio que entendía a alma”.

A IDEA DE ETERNIDADE A TRAVÉS DA CREACIÓN

Pídenos Luz, dende o seu outeiro vital, que, coma ela, nos enfrontemos á idea de eternidade a través da palabra e da creación. Así de rica e complexa é esta misteriosa e transcendente Rosa tántrica.

Esta edición, ao coidado de Olivia Rodríguez e Henrique Alvarellos, conta coa colaboración dos escritores Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, que asinan senllos poemas ao final da obra. Así mesmo, Luz Pozo é a responsable da ilustración da capa e dos debuxos interiores.



Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Luz Pozo Garza (Ribadeo,1922-A Coruña, 2020) é poeta, ensaísta, crítica literaria, foi catedrática de Ensino Medio e pertence á Real Academia Galega desde 1996. A súa obra poética principia con Ánfora (1949). En galego, con O paxaro na boca (1952), á que seguiron, entre outros títulos, Verbas derradeiras (1975), Concerto de outono (1981), Códice Calixtino (1986), Vida secreta de Rosalía (1996), Deter o día cunha flor (2009)… Como ensaísta e crítica, publicou traballos arredor de Luís Pimentel (A bordo dun barco sen luces —Alvarellos Editora, 2011—), Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. En 2014, os profesores Aurora López e Andrés Pociña publicaron Á procura da poesía. Vida e obra de Luz Pozo Garza (Alvarellos Editora), un volume de máis de 500 páxinas onde definen á escritora como “quizais a meirande figura das Letras galegas dos nosos días”.


Revista de Prensa

13-07-2016 La Voz de Galicia - Edición Barbanza Poetas, por Maxi Olariaga



08-07-2016 Laduda.net Luz Pozo Garza e o peiteado do ex presidente por Anxo Carracedo



07-07-2016 Agencia EFE Pozo Garza indaga en el "misterio de la vida" en "Rosa tántrica"



07-07-2016 La Región de Ourense Luz Pozo dialoga con Borges



07-07-2016 La Opinión de A Coruña Luz Pozo Garza presenta su nuevo poemario titulado 'Rosa tántrica'



07-07-2016 El Correo Gallego Luz Pozo retorna ós seus 94 anos a uns “versos retadores”



07-07-2016 La Voz de Galicia Luz Pozo Garza mergúllase no labirinto borgiano...



06-07-2016 La Opinión de A Coruña Entrevista a Luz Pozo Garza



01-07-2016 Galicia Confidencial Luz Pozo dialoga con Borges e xoga coa simboloxía budista



09-03-2015 Mundiario.com La poeta Luz Pozo prepara un nuevo libro, por Quique Alvarellos



 






Ver portada en alta resolución

PREZO: 12,50 €





114 pp | 14 x 21 cms. ISBN 978-84-16460-08-3

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


SONETOS PREPOSICIONAIS
Prezo: 9 €
EL TESORO DE PUNTA HERMINIA
Y OTROS TEXTOS SUMERGIDOS
Prezo: 14 €
BALADA DE LOS MARES DEL NORTE
Prezo: 23,5 €
TEMPO DE ELEXÍA
Prezo: 20 €

LUZ DORMIDA EN EL ESPEJO, LA
Prezo: 18 €
Caldaloba en terras de Valverde
Prezo: 9,5 €
ABRINDO FIESTRAS EN CARNE VIVA
Prezo: 9 €
Memorias da árbore da noite triste
Prezo: 12,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.