A Expo de 1909 marcou época. Era tamén o primeiro Ano Santo do século e polo recinto (instalado ao suroeste da Alameda e no colexio San Clemente) pasaron en cinco meses máis de 53.000 persoas, o dobre da poboación de Santiago naquel intre.
Cen anos despois, aquela peculiar simbiose de arte e industria ben merece un rescate. O autor –o editor e xornalista Henrique Alvarellos Casas– viaxa á Galicia daqueles días para reconstruír a crónica da Exposición Rexional e recuperar do esquecemento preto de setenta fotografías e ilustracións únicas.
Este volume, que conta cun limiar da historiadora da Universidade de Santiago Margarita Barral Martínez, é o primeiro monográfico que se publica sobre a Exposición Rexional de 1909. A colección de imaxes e ilustracións aquí reunidas –máis de setenta– constitúe a máis completa editada ata hoxe.
O traballo de documentación centrouse en diversas fontes arquivísticas e xornalísticas. O autor accedeu aos fondos de centros ou institucións onde posuían imaxes ou datos daquel evento: Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, Museo do Pobo Galego, Real Academia Galega, Arquivo Histórico maila Hemeroteca da Universidade de Santiago ou Palacio Real de Madrid. Para elaborar a crónica, foron consultados diarios e revistas da época dos anos 1909 e 1910: os diarios locais El Eco de Santiago ou Diario de Galicia, o xornal de Madrid El Imparcial ou o catalán La Vanguardia, ademais de revistas gráficas do momento como a viguesa Vida Gallega ou a madrileña Nuevo Mundo.
O resultado é un volume cunha edición moi coidada, encadernado en capa dura e impreso nun papel especial de alta gramaxe, dotado dun verniz que potencia a intensidade e o contraste das imaxes centenarias.
Henrique Alvarellos Casas (Lugo, 1968) é editor, xornalista e escritor. Licenciado en Filoloxía Hispánica na USC e Posgrao en Comunicación pola UDC. É autor dos libros Territorio auroral (Consorcio de Santiago, 1997), Teoría de Lugo (A Nosa Terra, 2004), Galicia en cen prodigios (Xerais, 2004) e Descubrir Lugo (Edicións do Cumio 2006), Diario dun pai acabado de nacer (Xerais, 2008). Como xornalista, traballou en diversos de comunicación (El Progreso, Atlántico Diario –onde foi redactor xefe– La Voz de Galicia, Cambio 16, TVG…) mais en gabinetes de prensa (Turgalicia, Xacobeo, Consellería de Obras Públicas…). Actualmente colabora como columnista con varios xornais do país. Dende 2004 dirixe a editorial que, en 1977, fundara seu pai.
11/09/2009, El Correo Gallego, "Viaje fotográfico a 1909"
13/09/2009, El Correo Gallego, "Santiago 1909, o ano da modernidade"
13/09/2009, El Correo Gallego, "Exposición en Fonseca"
![]() |
LA SAGA COURTIER EN GALICIA |
Prezo: 15 € |
![]() |
PICO SACRO |
Prezo: 19 € |
![]() |
LA CIUDAD DONDE LAS PIEDRAS FLORECEN |
Prezo: 9 € |
![]() |
[AGOTADO] SECRETOS DE CATEDRAL |
Prezo: 21 € |
![]() |
ANTONIO LÓPEZ FERREIRO [1837-1910] |
Prezo: 35 € |
![]() |
SANTIAGOS DE SANTIAGO |
Prezo: 27 € |
![]() |
A CORUÑA ANOS 20 (II) |
Prezo: 10 € |
![]() |
[OFERTA ] EL CASINO DE VIGO |
Prezo: 5,9 € |