BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


FERNANDO ALSINA E O SEU 'DIARIO DE GUERRA'

[Segunda edición ampliada]

Ricardo Gurriarán (ed.)


**** 80 ANIVERSARIO GUERRA (IN)CIVIL 1936-2016****

Fernando Alsina González foi un destacado cirurxián na Compostela da primeira metade do século XX. Fundador do Sanatorio San Lorenzo (1920), alcalde de Santiago por un ano (1929), sería un dos asinantes en 1933 do famoso manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia. Foi, ademais, consogro do escritor Ramón del Valle-Inclán.

Entre setembro de 1936 e febreiro de 1937 estivo en diferentes puntos da fronte de guerra no bando franquista, nos que exerceu labores cirúrxicas. E deixou escrito un detallado diario que agora, oitenta anos despois, ve por fin a luz.

A recuperación deste documento —na que participaron activamente tres dos netos do doutor Alsina: Fernando López Alsina, Xaquín del Valle-Inclán Alsina e seu irmán Pancho— é todo un exercicio de memoria histórica. Da memoria dun home conservador, católico, que apoiaba a Franco, pero cuxa peripecia persoal está chea de matices, de afinidades galeguistas, e de complexos episodios profesionais e persoais.

O especialista Ricardo Gurriarán busca as claves do seu comportamento a través dunha reveladora biografía, ao tempo que analiza a fondo este Diario de guerra. O índice onomástico –con máis de 500 referencias– deste volume, así como as preto de cen fotografías e documentos da época, inéditos, que aquí se recollen (incluídos os do seu ano como alcalde), dan conta da envergadura desta obra.  

SEGUNDA EDICIÓN AMPLIADA (DECEMBRO 2016)

Un ano despois da publicación da primeira edición (outono, 2015) abordamos en decembro de 2016 esta segunda, corrixida e ampliada. Nela incorpóranse imaxes e documentos inéditos de José Modesto Isaac Devesa Areosa, "Pepiño Areosa", o home cuxo rostro nunca antes se vira. O seu corpo sen vida apareceu en Cacheiras (Teo) a carón do excalcalde de Santiago, Ánxel Casal, asasinados os dous aquel 19 de agosto de 1936. Sería precisamente Fernando Alsina quen levantase o cadáver da Areosa.

 

Fotos presentación en Colexio Médico de A Coruña 



Ver interior

PDF [Ficha + nota de prensa]

O autor/a

O autor/a

Fernando Alsina González (Santiago de Compostela, 1881-1952) foi un destacado cirurxián na Compostela da primeira metade do século XX. Fundador do Sanatorio San Lorenzo (1920), alcalde de Santiago por un ano (1929), sería un dos asinantes en 1933 do famoso manifesto de apoio ao Estatuto de Galicia. Foi, ademais, consogro do escritor Ramón del Valle-Inclán. Entre setembro de 1936 e febreiro de 1937 estivo en diferentes puntos da fronte de guerra no bando franquista, nos que exerceu labores cirúrxicas. E deixou escrito un detallado diario de guerra que, oitenta anos despois ve por fin a luz.

 

Ricardo Gurriarán (O Barco de Valdeorras, 1953) é doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago. Especialista na guerra civil española, na memoria histórica e no exilio, obtivo en 2007 o Premio da Crítica coa publicación da súa monumental obra Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1936). Tamén foi galardoado co Premio Tertuliano Hervella pola biografía de seu pai, o médico Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975), represaliado na guerra civil. É autor así mesmo de Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010), entre outros traballos. Comisario de exposicións, forma parte de equipos de investigación da USC e da Fundación 10 de Marzo, onde é director da área de Historia. En 2015 recibiu o Premio Peña Novo «polo seu traballo pedagóxico e o seu labor de investigación na procura da reconstrución da memoria colectiva».


Revista de Prensa

14-01-2016 Faro de Vigo Presentación en Vigo (Colexio Médico)

14-01-2016 Atántico Diario Presentación en Vigo (Colexio Médico).

23-12-2015 La Voz de Galicia Edición Ourense Presentación en Ourense 

23-12-2015 La Región Entrevista a Ricardo Gurriarán

17-12-2015 Diario de un médico de guardia Blog de David Simón Lorda

23-11-2015 El Correo Gallego Opinión de Alfredo Conde

12-11-2015 El Correo Gallego Presentación en Santiago de Compostela

12-11-2015 La Voz de Galicia Presentación en Santiago de Compostela

11-11-2015 El Correo Gallego Opinión de Fernando Ponte "¡A la guerra en coche!" 

10-11-2015 Europa Press Un libro reproduce el diario de guerra inédito...

10-11-2015 El Correo Gallego  Opinión de Quique Alvarellos "Os netos da guerra (in)civil"

8-11-2015 Faro de Vigo Diario de un cirujano gallego en la guerra civil española

8-11-2015 El Correo Gallego Presentación del diario de guerra de Fernando Alsina





Ver portada en alta resolución

PREZO: 22,00 €





322 pp. 13 x 23 cms ISBN 978-84-89323-81-0

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


[AGOTADO] FINAL EN FISTERRA
Prezo: 5,9 €
Eugenio Granell: regreso de un surrealista exiliado
Prezo: 23,9 €
SOLO RIVAS FONTÁN
Prezo: 24 €
Aramados
Prezo: 17,5 €

[AGOTADO] REPRESIÓN, SOLIDARIEDADE E RESISTENCIA ANTIFRANQUISTA
Prezo: 3 €
GALICIA BAJO LA BOTA DE FRANCO
Prezo: 17 €
CORRESPONDENCIA [1928-1958]
Prezo: 24 €
¡Viva la libertad!
Prezo: 21,9 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.