A poesía érguese neste libro como unha forma de dar orde ao caos do universo, ás "dimensións do baleiro". Estruturado en cinco partes, denominadas "Fiestras...", nesta obra. o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.
A lingua emerxe coma o seu piar: "lingua que me colles dende o berce / e me afastas do silencio orixinal".
O autor detense tamén na denuncia social, cantando aos "eslombados", aos "calados e ignorados". E hai un espazo así mesmo para o amor, o "feitizo".
Esta obra logrou o primeiro premio na edición número 40 (2014) do xa histórico Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo).
O meu nome é Carlos López Fernández. Nacín en Ferrol en 1949 e fixen estudos de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago. Exercín a docencia como mestre de Primaria en Galicia e mais en Cataluña. Actualmente estou xubilado e resido en Lugo. Ademais deste premio do Concello de Vilalba, obtiven en 2014 o primeiro premio do certame de poesía do Belén de Begonte e en 2015, o segundo.
28-08-2015 Radio Galega. Diario Cultural. Entrevista a autor e recital http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-28-08-2015-1400916
26-08-2015 Terracháxa.com http://www.terrachaxa.com/novas/modesto-fraga-e-paulino-pereiro-premios-do-xli-certame-literario-de-vilalba
25-08-2015 El Progreso http://elprogreso.galiciae.com/noticia/431615/modesto-fraga-gana-con-adagio-por-outono-el-certame-literario-vilalbes
21-08-2015 El Progreso "El 24 se presentan los libros del Certamen". Imagen
20-08-2015 La Voz de Galicia-Edición Lugo http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/vilalba/2015/08/20/obras-ganadoras-certamen-literario-vilalbes-2014-presentan-lunes/00031440085205115900488.htm
![]() |
NENIAS CHAIREGAS |
Prezo: 9 € |
![]() |
PAZO DE TOR |
Prezo: 12,5 € |
![]() |
Poema da Rúa das Aves |
Prezo: 13 € |
![]() |
Hora de penumbra |
Prezo: 9,5 € |
![]() |
DE CATRO A CATRO |
Prezo: 21 € |
![]() |
CARTAFOL DE MIRAXES |
Prezo: 11 € |
![]() |
CORES PARA ALOUMIÑAR SOÑOS |
Prezo: 24 € |
![]() |
GRAN LUGO DE NEBRA |
Prezo: 14 € |