BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Instagram Youtube

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Instagram Youtube

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas lorquianas
  • Distribución
  • Contacto

Oeste [divulgación&ensaio]


NO TEMPO DE 'FOLLAS NOVAS'

UNHA VIAXE POLA LITERATURA UNIVERSAL

Mª Pilar García Negro, ed.


Mª Pilar García Negro convoca un excelente elenco de docentes e escritoras/es nun libro coral. Nel leremos textos de autoras e autores contemporáneos de Rosalía de Castro, nun diálogo literario que arrinca  –como primeira obra escolmada– de Follas novas (1880).

Este ensaio demostra, con valentía e orixinalidade, como os debates ideolóxicos e estéticos no mundo do XIX están presentes na nosa escritora, e como, dende Galiza, se pode emprender unha viaxe á literatura universal.

 

COLABORAN NESTA OBRA

Eduardo Álvarez escolle e comenta a Guy de Maupassant

Anxo Angueira escolle e comenta a Arthur Rimbaud

Celia Mª Armas García escolle e comenta a Marchesa Colombi

Xosé Luís Axeitos escolle e comenta a Alphonse Daudet

Teresa Barro escolle e comenta a Frances Harper

Carlos Callón escolle e comenta a Júlia Lopes de Almeida

Marica Campo escolle e comenta a Castelo Branco | Verdaguer

Luís Cochón escolle e comenta a Christina Rossetti

Carme Fdez. Pérez-Sanjulián escolle e comenta a Eça de Queirós

Mª Pilar García Negro escolle e comenta a Clarín | Pardo Bazán

Mª Jesús Lorenzo Modia escolle e comenta a George Eliot

Kathleen N. March escolle e comenta a Harriet Beecher Stowe

Carlos Negro escolle e comenta a Curros Enríquez

Pilar Pallarés escolle e comenta a Emily Dickinson

Andrés Pociña-Aurora López escollen e comentan a José Martí

Francisco Rodríguez escolle e comenta a Oscar Wilde

Elvira Sanz Gómez escolle e comenta a Henrik Ibsen

Xoán Ignacio Taibo escolle e comenta a Liev Tolstoi

 

VÍDEO PRESENTACIÓN EN VIGO (Libraría Cartabón) 

O autor/a

O autor/a

María Pilar García Negro (Lugo, 1953) leva consagrada parte da súa vida profesional ao estudo da obra de Rosalía de Castro. É profesora da Universidade da Coruña e o seu anterior ensaio titulado Cantares gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (Alvarellos Editora, 2013), foi recoñecido co Premio da Edición de Galicia ao mellor libro de Non Ficción do ano 2013. Ensino, cultura, políticas para as mulleres e política lingüística son os eixes sobre os que desenvolve a súa actividade profesional. Leva publicados catorce libros individuais e numerosos artigos e estudos en medios de comunicación e revistas especializadas. Outros volumes seus sobre a nosa grande escritora foron Rosalía de Castro. El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas (2006) e O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010), XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco. (Fotografía da autora: Eduardo Castro Bal | AELG).


Revista de Prensa

16-10-2015 Casa de Galicia en Madrid Presentación.



01-09-2015 Radio Galega. Diario Cultural. Crítica de Chus Nogueira http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-01-09-2015-1409375



16-07-2015 Iurisdictio lex malacitana. Blog. Crítica de José Calvo



02-07-2015 Criticalia. Crítica de Armando Requeixo 



05-06-2015 Terra e tempo. Artigo de Eduardo Álvarez 



20-05-2015 Terra e tempo. Artigo de Xosé Manuel Sánchez Rey



30-04-2015 La Opinión http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/04/30/pilar-garcia-negro-presenta-tempo/951645.html



07-05-2015 O bloque de Carlos Callón http://www.carloscallon.com/2015/05/no-tempo-de-follas-novas.html



-05-2015 La Voz de Galicia Entrevista a Pilar García Negro



 






Ver portada en alta resolución

PREZO: 18,50 €





282 pp. 13 x 23 cms ISBN 978-84-89323-97-1

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


FALANDO CLARO
Prezo: 15 €
CANTARES GALLEGOS, HOXE
Prezo: 13 €
El Castillo de Soutomaior [Ed. en castelán]
Prezo: 20 €
¡Viva la libertad!
Prezo: 21,9 €

GALICIA ANTE TODO
Prezo: 22 €
ENTRE AS PAREDES DO SILENCIO
Prezo: 9 €
LEANDRO CARRÉ. UN SÉCULO DE CULTURA E COMPROMISO
Prezo: 22 €
AS ORIXES DA FOTOGRAFÍA EN GALICIA
Prezo: 29,5 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2021 Todos os dereitos reservados.