BUSCAR

GALEGO | ESPAÑOL | ENGLISH

CESTA(0)

Facebook Twitter Google Plus

Buscar Galego | Español | English
Cesta  (0)
O carrito esta valeiro.

Pechar
Facebook Twitter Google Plus

Búsqueda por autor ou título

Factoría de contidos desde 1977

  • MENU
  • Home
  • Presentación
  • A nosa historia
  • O fundador
  • Quique Alvarellos
  • Libros
  • Libretas literarias
  • Distribución
  • Contacto

Ilustrada [fotografía+artes plásticas]


MULLERES ENTRE REDES

DO INVISIBLE AO VISIBLE

Ana Cancela Muras


A artista plástica Ana Cancela confeccionou esta obra na que reinvidica o tradicional oficio das redeiras. 

Ao longo de 112 páxinas, a autora leva a cabo un suxestivo percorrido visual polo mundo das redeiras empregando, para iso, diversas técnicas artísticas que mesturan fotografía, gravado dixitalizado, debuxo e collage.  A carón da obra plástica, o libro recolle tamén unha serie de textos procedentes de varios autores e relacionados sempre coa dignidade da muller, da muller traballadora, e coa defensa do oficio das redeiras.

As imaxes recollidas na obra proceden de redeiras de Portonovo, no municipio de Sanxenxo.

O PARADOXO DUN OFICIO TRADICIONAL

Como sinala no seu Limiar o filósofo Marcelino Agís, «Mulleres entre redes amosa un oficio tradicional, o das redeiras, mergullado nun sorprendente paradoxo. Por unha banda, é unha actividade imprescindible para a pesca: sen redes non se pode saír faenar. Por outra, trátase dun traballo que nos fala da invisibilidade da muller que o realiza: está no peirao pero ninguén pode ver esas mans que reparan as redes coas súas puntadas. Se cadra por esta razón este libro é ao mesmo tempo un testemuño dun traballo ancestral e unha reivindicación da dignificación e visibilidade deste oficio».

O autor/a

O autor/a

Ana Cancela (Santiago de Compostela,1957). Estuda Psicoloxía na Universidade de Santiago (1976-1981) e asiste á Academia de Arte do pintor Xoán Pardiñas en San Martiño Pinario. Reside en Sanxenxo dende 1991. Prosegue a súa formación artística na Escola de Arte do pintor Miguel Mantilla. Realiza cursos de gravado na Deputación de Pontevedra no año 1999. Desde 1993 a 1995 imparte os primeiros cursos de pintura e debuxo patrocinados polo Concello de Sanxenxo, sendo a iniciadora da actual Escola Municipal de Arte. No ano 2009 principia os seus estudos de Belas Artes en Pontevedra. Gradúase en 2013. Así mesmo, desde o ano 2010 é a directora do Seminario de Estudos Locais de Sanxenxo (Foro Galicia Milenio), asociación que naceu co obxectivo de promover e catalogar neste municipio a súa etnografía, patrimonio, historia e tradicións populares. 


Revista de Prensa

15-06-15 El Correo Gallego. Artigo de Marcelino Agís Villaverde: http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/marcelino-agis-villaverde-homenaxe-as-redeiras/idEdicion-2015-06-15/idNoticia-937583/

14-04-2015 Diario de Pontevedra En el nombre de las rederas: http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/376735/en-el-nombre-de-las-rederas

06-04-2015 El Correo Gallego. Artigo de Marcelino Agís Villaverde: http://www.elcorreogallego.es/opinion/ecg/marcelino-agis-villaverde-mulleres-redes/idEdicion-2015-04-06/idNoticia-924867/





PREZO: 27,50 €





Cartoné. 112 pp. 24 x 24 cms ISBN 978-84-89323-95-7

Compartir en Compartir en facebook Compartir en Twitter Compartir en Google+ Compartir en Pinterest

Outros libros semellantes


[OFERTA ] EL CASINO DE VIGO
Prezo: 5,9 €
GALAICOS. Un pueblo entre dos mundos
Prezo: 24 €
POR LA CALLE DE SAN MARCOS
Prezo: 18 €
LA HUELLA IMPRESA
Prezo: 29 €

UNIVERSOS EN ORDEN
Prezo: 39 €
GALAICOS. Un pobo entre dous mundos
Prezo: 24 €
AS FLORIÑAS DE SAN FRANCISCO
Prezo: 29 €
SANTIAGOS DE SANTIAGO
Prezo: 27 €
  • Rúa de Sempre en Galiza, 4 | 15706 Santiago de Compostela – Galicia| Tel+Fax 981 522 137 – Mb 609 90 88 52 | correo@alvarellos.info | www.alvarellos.info
CSS Valid | XHTML Valid | Top

Copyright © Alvarellos Editora 2019 Todos os dereitos reservados.